450 rapaces encheron o Cairo no I Torneo de fútbol base Vila do Roncudo
11:10 06/07/18
Imaxe do choque Corme - As Baleas benxamin no Cairo
Non para a Asociación Vidú, que despois da Malpica Vidú Cup, levou ao Cairo o I Torneo de fútbol base Vila do Roncudo, xunto co propio Corme CF, e o Concello de Ponteceso. Uns 450 nenos de 30 equipos de quince clubes diferentes de toda a bisbarra participaron nesta fermosa xornada de auténtica convivencia, que non se viu empañada nin pola choiva nin polo Mundial.
As Baleas, campión Benxamín do Torneo Vila do Roncudo As Baleas, (na categoría benxamín vencendo ao Luís Calvo), as propias Escolas de fútbol Luis Calvo Sanz (en alevíns vencendo ao Bertamiráns), o Bergantiños (en Infantís, vencendo ao Corme) e o Corme (en cadetes vencendo nos penaltis ao Bergantiños) foron os grandes triunfadores deste evento. Corme Campion Cadete do Trofeo Vila do RoncudoPremios individuais
No que respecta aos trofeos de mellor xogador, Elías López do As Baleas FS benxamín, Héctor Areosa do EF Luis Calvo Sanz alevín, Brais Calvo do Bergantiños CF e Guille Galán do Corme CF cadete foron distinguidos con este galardón. Mentres que no que respecta aos porteiros, Gabriel Trigo do As Baleas FS, Kelyan Faria do Cabana SD, Kike Amado do Corme CF e Adrián Reborido “Pereira” do CD Concello de Zas foron nomeados como os mellores gardametas do torneo nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, respectivamente. Kelyan Faria, Mellor Porteiro Alevín, recibindo o premio de Martín VarelaNovas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/malpica-acolleu-unha-nova-vidu-cup-de-alto-nivel/Fonte
- Asociación Vidú da man de David Castro.