Martes. 23.04.2024
El tiempo

A convivencia, a gran nota positiva na experiencia da Selección da Costa sub-12 en Moraña

A convivencia, a gran nota positiva na experiencia da Selección da Costa sub-12 en Moraña
  Seleccion da Costa sub 12 en Morana-Foto-FGF 2 Imaxe do choque da Selección da Costa sub 12 en Moraña-Foto-FGF 2 Non foi unha boa fin de semana, no plano deportivo, para a Selección da Costa da Morte Sub-12. Pero iso foi o de menos. A “Amarela” desputaba a súa segunda competición oficial este pasado sábado en Moraña, na segunda fase do Campionato de Seleccións Comarcais da categoría. E o máis destacado é ver que un neno de Outes o pasa ben cun neno de Cabana, tecendo redes, e vertebrando a Costa da Morte a través do deporte, do deporte de base. O primeiro partido ante Pontevedra, o choque estivo máis igualado, sobre todo na primeira metade na que os costeiros tiveron ocasións de marcar un goliño, a pesar que o resultado final foi de 3-0 para os pontevedreses. Pero ante Coruña, xa pola tarde, non houbo cor e os herculinos foron moi superiores aos rapaces costeiros e venceron por 6-0. o nivel do grupo mellor no eido competitivo En todo caso, si que se notou unha gran melloría nos homes de Barca, Adrián (de Coristanco, en substitución de Nando), Joaquín Quintáns e Alberto Pose con respecto á primeira fase, celebrada hai un mes no Conco. O equipo parecía moito máis combinado e con gran capacidade de mellora. Pero como dicimos, o importante é destacar o máis bonito que ten este fútbol base. Moi por encima da competitividade estes nenos disfrutaron dunha xornada completa de convivencia, viaxando xuntos, comendo xuntos, e xogando xuntos. E que sexa por moitos anos. Seleccion da Costa sub 12 en Morana-Foto-FGF Estes foron os convocados:
  • FERNÁNDEZ RAMIL, AITOR (OS MIÚDOS E.D.).
  • SOUTO AREOSA, LUCAS (S.D. SOFÁN).
  • DOMINGUEZ LAGO, ISMAEL (U.C. CEE).
  • POSE BALIÑA, ANTON (U.C. CEE).
  • GOYES GESTO, GABRIEL (DUMBRIA C.F.).
  • PASTORIZA BARGO, HUGO (DUMBRIA C.F.).
  • LEIS CAMPOS, TIRSO (OUTES F.C.).
  • OUTÓN VÁZQUEZ, CLAUDINO (OUTES F.C.).
  • MARTÍNEZ BRENLLA, OSCAR (XALLAS F.C.).
  • CASTRO GARCIA, DANIEL (PUENTECESO S.D.).
  • CASTRO ALDAO, IVÁN (PUENTECESO S.D.).
  • MARIÑO MARTINEZ, BLAS (CABANA S.D.).
  • PAZOS LEMA, YAGO (CABANA S.D).
  • PARGA IMIA, XABIER (CABANA S.D.).
Foto-David Castro Foto-David Castro

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios