Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Copa da Vaca

A Copa da Vaca
Dous derbis de interior deixarán unhas semifinais da Copa da Costa para as que se clasificaron hoxe Soneira e Xallas: ademais, o Zas cheira e moi ben a Primeira Autonómica Así estaba o Zas Así se presentou o Zas   . Ese podería ser o eslogan da Federación para unhas semifinais eminentemente de interior, e en forma de derbi, despois de que Soneira e Xallas fixeran os deberes e cumprisen os pronósticos iniciais ante Baio e Fisterra. De novo foi axustado o partido para os vimianceses, mentres que na Fontenla o marcador final camufla a dinámica dunha eliminatoria que estivo durante os dous encontros case sempre aberta. Na xornada inaugural, Zas e Mazaricos fixeran os deberes e cumpriran o intuido na ida. Os sportinguistas, que miraban hacia o decisivo encontro da promoción de ascenso, fixeron os deberes nunha dignísima despedida de curso da Unión Deportiva Cerqueda. En Buño non houbo emoción final, pero si alternativas nun partido entretido e que serviu ademais como axeitado adeus para o técnico Emilio Uzal. Resultou ser o mellor curso na traxectoria da entidade. Pola súa banda, o Mazaricos non deixou opción a un Corcubión derreado e sen fondo nin físico nin humano, que pechou o ano do retorno. Eran cousa do domingo os choques 'de maiores' e máis abertos. O cuarto derbi do curso entre Baio e Soneira foi máis sinxelo esta vez para os vimianceses, que admnistraron á perfección a renta da ida e ademais lograron adiantarse moi cedo no marcador. O balance final é de 3-1 para os de Manolito, non sen sufrir. E na Fontenla rachou contra o final a equilibrada eliminatoria entre Xallas e Fisterra, na que unha vez os combeses se puxeron por diante mataron ao seu rival ao contragolpe. É o punto final á viaxe do barco fisterrán, un cruceiro que poucos esquecerán polo calado social da aventura. Houbo ambiente de partido grande na Fontenla - Foto: María Houbo ambiente de partido grande na Fontenla - Foto: María O sorriso grande do día é para o Sporting Zas, que está xa case a menos dun triunfo de Primeira Autonómica. Deu un golpe de autoridade en Belvís, onde non saiu tan achicado como na cita anterior co Bastavales. Na base, Xallas xuvenil e Dumbría infantil empataron na ida e terán que pelexar o que serían as semis para acadar o ascenso ás Ligas Autonómicas. Ademais, as Copas cadete e infantís van chegando á final. Nos cadetes, Fisterra e Esteirana meteron un pé na final, pero en infantís a cousa aínda está moi igualada para a volta das semis. Atentos estaremos esta semana aos Cuartos da Copa dos Veteranos, que está tremenda.

CopadaCosta, Ida dos Cuartos

Copa semis

Fase de Ascenso á 1ª Autonómica, xornada 3

Fase zas

Fases de Ascenso ás Ligas Galegas Xuvenil e Infantil

fases xuv  

Copa da Costa Cadete, Ida das Semifinais

Copa Cad  

CopadaCosta Infantil, Ida das Semifinais

Copa Inf  

CopadaCosta dos Veteranos, Ida dos Cuartos

Copa vet

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios