Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Costa colecciona por Nadal

A Costa colecciona por Nadal
Coleccionando os cromos do Album da Costa Coleccionando os cromos do Album da Costa

Sipi, nopi, sipi, nopi… Que fermoso é coleccionar. E se ademais a colección ten como protagonistas aos nosos curmáns, sobriños, fillos, veciños… a cousa colle aínda un ambiente máxico. Pois así está a Costa da Morte este Nadal, gracias á “luminosa idea” (Lendoiro dixit), do Álbum de Cromos do Fútbol da Costa. Un álbum que nace coa vocación de unir, de vertebrar a Costa da Morte a través do deporte, de facer que tod@s os que formamos parte da familia do #FútboldaCosta nos poidamos poñer cara, para respectarnos máis.

Un álbum pioneiro no fútbol modesto galego, e único no fútbol estatal, sendo o primeiro que inclúe aos colexiados, un colectivo tremendamente comprometido que segue medrando a pasos axigantados na Costa da Morte.

Xogadoras e arbitros coleccionando o album da Costa Xogadoras e árbitros coleccionando o album da Costa

Así, tanto os árbitros como as xogadoras do FútFem foron as grandes protagonistas da Gala de Presentación do pasado día 21. Unha cita na que máis de 110 persoas puideron ser os primeiros en facerse cos cromos, e trala que xa se poden atopar en máis de 20 puntos de venta de toda a comarca. Entre eles, varias das cantinas dos nosos campos, onde locen así de ben os nosos álbumes.

As cantinas do Cairo e do Carral cos cromos da Costa As cantinas do Cairo e do Carral cos cromos da Costa A cormelá Maria Alvarez Bugallo, nai de Lucas, coleccionando os cromos do álbum da Costa A cormelá Maria Alvarez Bugallo, nai de Lucas, coleccionando os cromos do álbum da Costa

É espectacular ver os grupos de rapaces achegándose aos quioscos e preguntando polo “Álbum da Costa”. Fantástico é ver aos mozos de 20-30 anos mercar e mercar sobres para atopar o seu. Fermoso é ver como unha nai completa o seu álbum máisalá de atopar ao seu fillo e aos seus sobriños.

O #ÁlbumdaCosta Xa é todo un ente en si mesmo, que nos fai máis felices neste nadal. Esperamos ver cal é o primeiro que o consegue completar.

 

Todas as Novas do Álbum da Costa

https://quepasanacosta.gal/os-puntos-de-venta-do-album-da-costa/ https://quepasanacosta.gal/xogadoras-e-arbitros-protagonistas-da-gala-de-estrea-do-album-da-costa/

Comentarios