Martes. 19.03.2024
El tiempo

A páxina que quedaba na historia

A páxina que quedaba na historia
Imaxe do Baíñas-Fisterra-Foto-Fran Pazos Imaxe do Baíñas-Fisterra-Foto-Fran Pazos Nunha fin de semana marcada pola celebración da Gala do Fútbol da Costa- QPC en Muxía, a volta das semifinais estivo á altura 'top' e deu nunha final que representa a última gran rivalidade xurdida na historia do noso fútbol A Gala do Fútbol da Costa en Muxía, antes da disputa das semifinais, foi como se antes dun concerto dos Rolling Stones tocasen os Beatles e colaborasen tódalas grandes bandas da historia do rock. Non defraudou un domingo no que se recuperou a vella tradición de encontros consecutivos, e por ende houbo seareiros con asistencia común aos dous campos. A final que lle faltaba á Copa da Costa, a rivalidade máis nova e arraigada, a inédita, xa ten data, lugar e hora: Cee, ás 18.30 do día I despois de San Xoán. No Conco a emoción foi un concepto algo máis reducido. A ocasión inicial do Ponteceso deu paso a un factor que faltara no Pinguel, pero que nunca falla á súa cita dous días seguidos. Antes dos cinco minutos Adrián abría o marcador e obrigaba aos visitantes a facer polo menos dous. A arriscada aposta de Barca deu por momentos en dominio, pero sen chegar a clarificar en demasiadas oportunidades. Pola súa banda, co oficio propio da liga de Primeira, o Dumbría anotaba o segundo por medio de Martín e poñía pé e medio na final xa no camiño aos vestiarios. Quixo morrer matando o Ponteceso, que na segunda metade prácticamente dominou sempre o balón, pero a sensación de remontada ou de novo erro dumbriés era moi relativa. Co paso dos minutos, a falta de forzas no insistente cadro bergantiñán e unha progresiva baixada de brazos chegaron os goles de Rivi e un Raúl que se mantén na cresta da onda. A Copa do Ponteceso, unha década despois en semifinais, foi aínda así soberbia. O Municipal de Vimianzo foi outro cantar. Cun calor tamén excesivo e un marcador axustadísimo deu unha primeira metade máis notable no graderío que no céspede, onde Pablo Muíño tivo o primeiro golpe nas súas botas. Non obstante, acabaría por ser protagonista Braulio, que en cinco minutos fixo o 0-1 en portería propia e igualou xusto antes do intermedio. A reanudación, aínda co depósito máis preto da reserva nos dous conxuntos, sacou a relucir o oficio e a diferencia de categoría na xestión das emocións. E aí, coa testa fría e a clase intacta polo desgaste, Bruno puxo un gol para a historia e Joselu sacou unha man que evitou un novo sufrimento. Selaron o pasaporte á final das finais.

 

Copa da Costa, Volta  de semifinais

 

Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil

 

Copa da Costa Infantil

 

Copa da Costa de Veteranos

Máis información

   

Novas relacionadas

 

Comentarios