Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Previa: acordámonos de Santa Bárbara cando trona

A Previa: acordámonos de Santa Bárbara cando trona
É o tema de tódolos anos. Sempre hai varios equipos afectados. Pero nunca facemos nada. Cando toca tomar decisións a principio de tempada ninguén levanta a voz ou os poucos clubs que a levantan son calados por unha maioría que como cren que non están afectados, pois dalles igual o interés xeral. Estamos a falar da saturación dos calendarios, que este ano está a cobrar dimensións épicas para algúns dos nosos equipos. Varios dos nosos conxuntos máis representativos poden chegar a xogar estas semanas ¡ 5 partidos en 9 días!. Nin os profesionais, vamos, isto xa parece a NBA. Hai que recordar que isto é fútbol amateur e que este tipo de esforzos parécennos fora de lugar. Temos o caso doutros equipos, como Outes, Corme ou Fisterra, que teñen a "mala sorte" de que os seus equipos de base o fagan ben, e daquela atoparémonos con situacións como a dos fisterráns, que xogarán copa xuvenil venres, fase de ascenso xuvenil sábado, copa da costa senior sábado, e a vida na liga loitando por non descender domingo. E como o van a facer? Pois non sei, parece un tetris difícil de encaixar. Non parece xusto para esos clubs esta saturación no momento chave da tempada. O Mazaricos pronto se atopará con este problema, pois terá que compatibilizar promoción con copa. Outro caso que temos tódolos anos. Corme e Fisterra xuvenis saltando ao Cairo-Foto-Fin Lema Fisterra e Corme buscan o ascenso á liga galega xuvenil A saturación dos calendarios lévanos a estas situacións. Principalmente a falta de decisións con respecto á Copa da Costa, competición que seguimos xogando a doble partido nas primeiras eliminatorias cando na zona da Coruña xa fai tempo que as xogan a un partido para alixeirar datas. Parece que o facemos para perxudicar ós equipos máis poderosos, cando unhas eliminatorias de dezaseisavos ou oitavos a partido único na casa do máis débil,  beneficiaría enormemente ós equipos máis modestos. Por outro lado, e a deus gracias, agora a liga da cosa xa é só de 16 equipos. Dende o 2009, e para beneficiar a un equipo de todos coñecido, se fixo a liga de 18, aquilo foi unha loucura. Agora a liga da costa é máis racional, máis emociónate e hai tempo suficiente para disputar a copa. Debemos seguir nesta liña e intentar buscar que as nosas competicións sexan o máis xustas posibles, e que non se teñan que dar casos de equipos costeiros que perden os seus 7 últimos partidos de liga porque pensan máis na copa que en outra cousa. A veces os costeiros pensamos en pequeno, e parece que nos gusta perxudicar ós nosos equipos en 1ª Galicia e Preferente, sen darnos conta de que o día de mañán podemos estar nos ahí. Pensemos ben as cousas, pensemos no ben común, deixemos de mirar só para nos mesmos, e fagamos as cousas ben dende o inicio de tempada. Necesitamos ós nosos mellores representantes competindo nas mellores condicións. Necesitamos equipos de base en ligas galegas, favorezamos que o poidan acadar, que vai a ser beneficioso para todos. E necesitamos unha copa da costa forte, onde estemos todos unidos, non separados como algúns pretenden O Soneira xogará un clásico derbi copeiro o venres ante o Camariñas No aspecto meramente dos datos, comentar que a xornada está marcada polos oitavos de final da copa, unha xornada en Preferente na que o Dumbría xoga as súas últimas cartas ante o Escairón, e na 1ª Galicia o encontro Fisterra - Bastavales centra a atención, pois pode significar a salvación dos fisterráns. O Baio con un punto en Silleda teno feito, e xogará o próximo ano na categoría autonómica. Na Copa a xornada empeza venres cos encontros Soneira - Camariñas e Outes - Xallas. Seguirá sábado co Sofán - Fisterra e o Coristanco - San Lorenzo, e o domingo os restantes partidos, Muxía - Corme, Malpica - Zas, Cerqueda - Esteirana e Ponteceso - Mazaricos. E en fútbol base podermos ter un ascenso, o do Corme xuvenil, que se vence ó Riveira, será equipo de liga galega. En Xuvenís o Fisterra, en cadetes o Outes e Os Miúdos, e en infantís o Cee tamén teñen partidos de promoción. E en Camariñas disputaranse as copas de fútbol 8 o sábado, nunha xornada que sempre é moi bonita e digna de ver, co melloriño dos nosos nenos competindo polos trofeos. Sorte a todos e cabeciña, que só é un xogo¡

Comentarios