Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Previa: Dumbría, Fisterra e Baio buscan a salvación nunha fin de semana copeira

A Previa: Dumbría, Fisterra e Baio buscan a salvación nunha fin de semana copeira
Preséntase un sábado e un domingo de máximo interés no fútbol costeiro, que estará moi pendente do que pase en categorías superiores, chámese Segunda B polos posibles descensos dos equipos galegos, ou chámese ese Laracha - Bergantiños que pode significar a salvación dos laracheses, o que sería unha boa nova para todos os que están pendentes os famosos arrastres. Estará moi atento o Dumbría, que ademáis ten que vencer ó Arzúa como sexa. O Sofán recibe ó Ribadeo, e o Xallas ó Betanzos, intentando deixar a permanencia solucionada matemáticamente. Na 1ª Galicia o San Lorenzo apura as súas últimas opcións matemáticas para lograr a milagre, na casa do líder Agolada. O Baio recibe ó Ribeira nun partido definitivo, e o Fisterra viaxa a Lalín na busca dunha vitoria que os faga respirar. O Soneira ten un trámite en Puebla, onde o equipo local e xoga o ascenso. Na Copa da Costa, a xornada divídese entre sábado e domingo. O sábado xogan os equipos de Preferente e 1ª, con varios partidos moi interesantes. O Baíñas defende a súa vantaxe nas Eiroas ante o Sofán, e o Ameixenda busca a sorpresa en Vimianzo. O Cee intentará remontar o solitario gol de Doro que trae o Xallas, e o Corcubión tamén busca a sorpresa ante o San Lorenzo. O Baio e o Fisterra téñeno máis encarrilado ante Malpica e Porteño. Corme Outes e Cee campions da Costa Corme Xuvenil, Outes Cadete e Cee Infantil, os campións da Costa Para domingo, os demais partidos. Muxía e Esteirana téñeno moi a favor, e Ponteceso, Outes e Zas non deberían pasar problemas, aínda que na Copa nunca se sabe. Igualdade nos restantes partidos, ese Cerqueda - Buño no que será a terceira vez en duas semanas que se vexan as caras ambos equipo en Xaviña, e de momento sempre con empate, o Castriz - Coristanco, derbi de proximidade de dous equipos en horas baixas, o Camariñas - Monte Louro e o Corme - Nantón. E nas fases finais de fútbol base, sábado de órdago en Buño, no campo de Xaviña, onde Corme, Outes e Cee buscarán o pase á eliminatoria de campións ante Once Caballeros, Orillamar cadete e Orillamar infantil. Sorte a todos¡

Comentarios