Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Selección Feminina da Costa, lista para a homenaxe ás pioneiras de Esteiro

A Selección Feminina da Costa, lista para a homenaxe ás pioneiras de Esteiro
Seleccion feminina da Costa-Foto-Luis Gonzalez copia Seleccion feminina da Costa no último adestramento-Foto-Luis Gonzalez copia Despois do adestramento do pasado mércores 26 de decembro en Vimianzo, a Selección da Costa feminina está lista para o seu partido homenaxe ás pioneiras da Esteirana. Un adestramento marcado pola lesión da gardameta corcubionesa, e xogadora do Valencia, Ana Rodríguez, que sofre a fractura do radio do seu brazo esquerdo na última intervención do quecemento específico. Unha lesión que podería manter fóra dos terreos de xogo entre 4 e 6 semanas. O resto da expedición está disposta a dar un fermoso espectáculo este vindeiro sábado 29 de decembro, a partir das 16.30h., cando a Selección da Costa feminina e As Miúdas de Muros saltarán ao céspede artificial do Xosé Luis Vara Olveira para rendirlle homenaxe ás mulleres que foron pioneiras nisto do fútbol defendendo as cores da Esteirana, clube organizador do evento. Quen sabe en Esteiro, dentro de non moito, teremos tamén equipo feminino... Esta é a lista de 18 xogadoras:
  • Lucía Couñago, Ana Fuentes e Carla Varela da SD Tordoia;
  • Elena Vázquez das EF Luis Calvo Sanz;
  • Marta Calvo do Outes FC;
  • Tatiana Túñez do Silva SD;
  • Paula Veiga da UD Cerqueda;
  • Carla Pose do Corme CF;
  • Lucía Rodríguez do Cabana SD;
  • Ana Bugallo e Iria Gundín do Victoria CF;
  • Isabela Bravo, Noelia Amarelle, Laura Seoane e Lorena Suárez do Bergantiños CF;
  • Carla Saborido do Victoria FC;
  • Daniela Rama e Laura Caamaño da SD Esteirana.
As catro xogadoras que non poderán estar en Esteiro son: Karina Tajes, Sarai Muíños, Tatiana Barcia e a propia Ana Rodríguez.  

Novas do FUTFEM

https://quepasanacosta.gal/futfem-pensando-no-partido-da-seleccion-feminina/

Comentarios