Xoves. 25.04.2024
El tiempo

"A sub12 ten que dar este ano un paso máis"

"A sub12 ten que dar este ano un paso máis"
Seleccion Sub12 da Costa-Foto-Luis Gonzalez Selección Sub12 da Costa en San Andrés-Foto-Luís González Xa está aí o 6 de decembro, cando a Selección da Costa sub12 saltará ao Cunchido para defender as cores amarelas. Este xoves tivo lugar a primeira convocatoria de preparación para a primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais, unha nova proba de nivel para a nosa canteira. É certo que no debut do ano pasado o cadro costeiro non foi quen de competir co resto de seleccións cara a cara, pois a inexperiencia era tan grande como a agradable convivencia da que disfrutaron os rapaces. Pero o histórico triunfo da sub15 ante Lugo a comezos de mes, abre a porta da esperanza. Skio e Barca dirixen a Seleccion sub12 da Costa Skio e Barca dirixen a Selección sub12 da Costa Sobre iso falamos con José Barca e con Skío, o adestrador fisterrán que vén de suplir a Nando Waldomar na dirección técnica, xa que o ceés non pode compaxinar o cargo por motivos laborais. Para Skío “é unha experiencia nova, que serve para abrirse camiño vendo outra forma de traballar e de facer as cousas, tanto aquí como noutras seleccións, aprendendo de Barca, dos rapaces e aportar todo o que podo aportar”. En todo caso, considera difícil de escoller con apenas 2-3 adestramentos, pero valora o traballo de preparación do organigrama deportivo. Pola súa parte, Barca deixa claro que "no primeiro adestramento é difícil tomar decisións, porque os rapaces veñen cohibidos e non se soltan. Hai rapaces que nos seus partidos dan moito máis do que deron onte, así que a vindeira semana teremos outro adestramento e seguro que se soltan máis. O que si se pode ver é que é un grupo con máis calidade que o ano pasado, pero algo máis miúdos fisicamente. Vendo que outras seleccións son moi fortes fisicamente, intentaremos paliar o físico coa calidade técnica que hai". Barca considera factible sumar, como a sub15, a primeira vitoria oficial da historia da Amarela alevín. "O ano pasado, que era o ano de estrea, competimos bastante ben excepto coa Coruña, e viuse no Campionato Internacional Luís Calvo que fomos capaces de competir con equipos como a Real Sociedade, Sporting de Xixón… Este ano temos que dar un paso máis. Tamén os adestradores estamos aprendendo, e vendo cousas que nos fan mellorar, e a idea é que o equipo vai ser competitivo. Nese entido Skío é unha sorpresa positiva, un rapaz con coñecementos, ilusión que seguro vai aportar moito ao grupo. Sobre individualidades prefiro destacar o grupo en si, porque nestas categorías a unión do grupo é o que fai a forza. Faremos unha selección o máis unida posible".

Convocatoria da Sub12 da Costa

Así queda a convocatoria da sub12 dA Costa para o adestramento do vindeiro día 21 de novembro en Baio:
  • 1 DUMONT PENA, EDUARDO (E.D. OS MIUDOS)
  • 2 FERNÁNDEZ OANES, DYLAN (DUMBRIA C.F.)
  • 3 COSTA CARABEL, PABLO (DUMBRIA C.F.)
  • 4 LARRAÑAGA LEDO, IAGO (DUMBRIA C.F.)
  • 5 CAMPOS PRIETO, SERGIO (OUTES F.C.)
  • 6 LADO SIEIRA, ELOY (OUTES F.C.)
  • 7 LADO DOMINGUEZ, BRAIS (OUTES C. F.)
  • 8 SOUTO AREOSA, LUCAS (SOFAN S.D.)
  • 9 PÉREZ CALVO, MARTÍN (SOFAN S.D.)
  • 10 PARDIÑAS MAÑANA, MARIO (SOFAN S.D.)
  • 11 GARCÍA VELO, IKER (XALLAS F.C.)
  • 12 LANDEIRA VILARIÑO, FRANCISCO (XALLAS F.C.)
  • 13 REY CASAL, SIMÓN (ESTEIRANA S.D.)
  • 14 GARCÍA PRIEGUE, LOIS (ESTEIRANA S.D.)
  • 15 FIGUEIRAS RAMA, XABI (ESTEIRANA S. D.)
  • 16 BENLLOCH MARTÍNEZ, ENRIQUE (FISTERRA S.D.)
  • 17 INSUA CASAIS, IAGO (FISTERRA S.D.)
  • 18 MUIÑO FARIÑA, ALEJANDRO (C.D. CONCELLO ZAS)
  • 19 CASTRO ALDAO, IVÁN (PUENTECESO S.D.)
  • 20 CASTRO GARCIA, DANIEL (PUENTECESO S.D.)
  • 22 AMADO BUGALLO, XOEL (CORME C.F.)
  • 23 TRINIDAD LEO, CARLOS HYPERLINK (U.C. CEE)
  • 24 DOMINGUEZ LAGO, ISMAEL (U.C. CEE)
Adestramento da sub12 da Costa Adestramento da sub12 da Costa  

Máis información

“As Seleccións da Costa presentan o seu organigrama técnico” — Que pasa na costa

Novas relacionadas

“A Selección da Costa Sub15 consegue un histórico triunfo ante Lugo” — Que pasa na costa “A convivencia, a gran nota positiva na experiencia da Selección da Costa sub-12 en Moraña” — Que pasa na costa

Comentarios