Xoves. 22.08.2019
El tiempo

A sub12 venceu ao Dumbría e a sub15 próbase no Triangular sub

A sub12 venceu ao Dumbría e a sub15 próbase no Triangular sub
Seleccion Sub12 no Conco Selección Sub12 no Conco

Se cando dicimos que este Nadal ten cor Amarelo é por algo. As Seleccións sub12 e sub15 están sendo as auténticas protagonistas deste parón de Nadal. Xa puidemos ver as convocatorias de ambos combinados, mentres intentamos atopar os cromos das seleccións no #ÁlbumdaCosta.

Así que imos repasando como vén a cousa, pois mentres a sub12 preparou cun novo adestramento-partido a segunda fase do Campionato de Seleccións comarcais que terá lugar a finais de mes, a sub15 xoga este sábado un novo triangular de preparación.

Dumbría - Selección sub12 da Costa (0-2)

Dumbria infantil as ordes de Huelvis Dumbría infantil ás ordes de Huelvis
  • Dumbría: Íker, Vila, Alex, Hugo, Javi, Álvaro, Samuel, Adán, Iván, Mateo, Xavi e Martín.
  • Selección sub12: Íker, Martín, Luvas, Noe, Brais, Yago, Simón, Pedro, Kevyn, Isma, Javi, Sergio, Dani, Costa, Juan e Alejandro.
  • Goles: 0-1: Simón; 0-2: Isma.
Capis do Dumbria e da Seleccion da Costa co colexiado Capis do Dumbria e da Seleccion da Costa co colexiado

Bo partido de adestramento o vivido no Conco. Finalmente o esteirán Simón e o ceense Isma

Esta foi a convocatoria da sub12 decantaron o choque para os de Barca e Skío fronte o cadro dumbriés dirixido por Huelvis.

https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/273669333320578/?t=1  

Triangular da Sub15 no Carral

Presentacion do Triangular do Carral da sele Presentacion do Triangular do Carral -Foto-Luis Gonzalez

Deporte e solidariedade daranse a man no Torneo Triangular de Fútbol que se disputa na véspera de Reis no Carral. A iniciativa da Subdelegación da Federación Galega de Fútbol na Costa da Morte conta co apoio da Deputación da Coruña, o Concello de Carballo e a SD Sofán, vai destinada ás familias usuarias da Cruz Vermella. A cita será este sábado 5 de xaneiro ás 10:00h en Sofán. Abrirá o choque entre a Selección sub 15-Imperátor. Unha hora máis tarde, Compostela e Imperátor medirán forzas para despois enfrontarse os composteláns aos costeiros.

O torneo presentouse esta mañá na Casa do Concello nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde, Evencio Ferrero; Matilde Anido e Ana Veira, do comité local de Cruz Vermella; Ricardo Serrano, presidente do Sofán; Manolo Corredoira, subdelegado na Costa da Federación Galega; Alberto Pose, delegado das seleccións da Costa, e Silvia Cancela, representante do fútbol costeiro na Directiva da Federación.

Corredoira destacou a importancia do evento “dentro do noso obxectivo principal, que é potenciar ao máximo o fútbol da Costa, un fútbol abandonado, mesmo con moitas promesas pero poucas realidades. Pero desde que chegamos –engadiu- fundamos a Subdelegación, temos un local para uso de árbitros, técnicos e xogadores, e creamos as selección
Silvia Cancela agradeceu, en nome da Federación, a colaboración do Concello, do Sofán e de Cruz Vermella Carballo na organización “deste torneo que ten un carácter altruísta tan de salientar”.

Alberto Pose referiuse ao “labor tan importante que realiza cada día Cruz Vermella” e centrouse no aspecto deportivo do torneo, “no que poderemos ver o mellor fútbol”. Ricardo Serrano dixo “estar encantado de que o Sofán poida aportar o seu gran de area nesta iniciativa” e deulle as grazas á Subdelegación da Costa por confiar no club do Carral. “Nós imos facer todo o que está nas nosas mans para que o torneo sexa unha festa do fútbol e todo o mundo se sinta ben acollido”, declarou.

Podedes ollar aquí a convocatoria de Martín e Josiño.

 

Novas relacionadas

“A Amarela sub12 disputou no Cunchido un novo Campionato” — Que pasa na costa “As Seleccións da Costa sub12 e sub15 tamén teñen o seu cromo no Álbum da Costa” — Que pasa na costa

Comentarios