Venres. 19.04.2024
El tiempo

Acabáronse as vacacións

Acabáronse as vacacións
David Castreje pitando un Camelle-Cabana David Castreje pitando un Camelle-Cabana

O colectivo arbitral retoma a tarefa. Despois de quince días sen apenas competición, nos que os colexiados costeiros aproveitaron o descanso para disputar un torneo amistoso en Lugo e para organizar un partido coa Peña O Silbato, da Coruña, toca retomar a rutina.

Marcos Ordóñez volve á Preferente Galicia cunha longa viaxe para dirixir o partido entre O Grove e Vilalonga, duelo de vecindade no que estará auxiliado por dous compañeiros da Subdelegación da Costa, Adrián Pérez e Rai Reborido. Tamén estará na Preferente Galicia David Vázquez, que actuará como auxiliar na Fontenla no partido entre Xallas e Boimorto que dirixirá o coruñés Diego Gándara.

Tamén haberá trío costeiro en Primeira Galicia, no campo do Castro (Carral), para o partido entre Carral e O Val. Dirixe o encontro David Castreje, auxiliado por Bruno Méndez e Iván Ferreiro.

En territorio costeiro, Óscar Santos asume a máxima responsabilidade. O domingo dirixirá o encontro estrela da Liga da Costa, o que enfrontará no Cairo ao líder (Corme) e a unha das revelacións da temporada, o Volantes de Baño. E antes, na xornada do sábado, o derbi de Terceira entre Porteño e Camelle.

Xornada con moito traballo no fútbol base

Esta xornada os colexiados costeiros terán moita presenza no fútbol base, non só a nivel de competición local.

Bruno Méndez dirixirá o sábado o encontro de Liga Nacional Xuvenil que enfronta a Orillamar e Deportivo B. Un chanzo por abaixo, Alberto Baña dirixirá o encontro de Liga Galega Xuvenil entre Bergantiños e Viveiro. No fútbol cadete, David Vázquez Lema e Adrián Pérez dirixirán, respectivamente, os encontros de Bergantiños e Dumbría na Liga Galega Cadete.

Na competición costeira de xuvenís, os últimos tropezos do líder, Corme, e o feito de que esta xornada teña descanso (pola retirada do Coristanco) fan que dous equipos poidan darlle caza no alto da táboa. Son Os Miúdos, que visita ao Soneira (Manuel Espasandín) e o Cabana, que visita á Esteirana (cuarto clasificado, que tamén pode meterse na pelexa).

Nos cadetes, o Concello de Zas é o líder destacado, e xa disputou (e gañou) o seu partido desta xornada, adiantado ao 30 de decembro. O segundo en liza, o Cee, recibe o domingo pola mañá aos Miúdos, con arbitraxe de Lucas Vicente.

A competición máis igualada no fútbol base costeiro é agora mesmo a da categoría infantil, con tres equipos en só dous puntos. No Conco mídense o sábado segundo e terceiro clasificados, Dumbría e Xallas (Lucas Vicente), en tanto á mesma hora o líder, Cee, afronta unha viaxe a priori asequible, pois visita ao colista, Xalleiros (David Vázquez).

Partido da xornada en San Andrés

Tamén hai partido da xornada no fútbol veterano, e tamén responderá del Óscar Santos. Será o domingo pola mañá en San Andrés, e enfrontará ao conxunto local, actualmente terceiro a só un punto do liderado, co vixente líder, San Lorenzo. Ao mesmo tempo, o segundo en discordia, o Soneira, recibe a un irregular Coristanco (Daniel Martínez). A División de Honra de veteranos está tan apretada por arriba (tres equipos en un só punto) que calquera destes tres equipos podería acabar a xornada no máis alto da táboa.

Na Primeira, tamén atopamos tres equipos nunha marxe de un punto, pelexando polas dúas prazas de ascenso. O líder, Mazaricos, recibe ao Malpica (Pablo Rama), en tanto o segundo clasificado, Corme, visita ao Fisterra (Iván Vilanova). O terceiro en discordia, Deportivo Razo, terá un extraño derbi no exilio, pois visitará ao Deportivo Carballo pero o encontro terá que disputarse no campo da Rocheira (Rubén Reborido)

----

Como cada semana, todas as designacións arbitrais da RFGF, categoría a categoría, en www.futgal.es.

Ademais, en www.futboldacosta.com tendes todos os horarios actualizados e teredes os resultados en tempo real.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-arbitros-da-costa-demostran-a-sua-union-vencendo-ao-silbato/

Comentarios