Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Acordo histórico

INOCENTADAAAA!!! 
Retransmision na TVG da final da Copa da Costa 2017
Captura da retransmision na TVG da final da Copa da Costa 2017
Acordo histórico

Estamos de noraboa, despois de varias campañas retrasmitindo a final da Copa da Costa, e vendo que o fútbol da Liga da Costa segue en auxe, tanto en público nos campos como na difusión por redes sociais e diversos medios de comunicación, que superan amplamente en búsqueda e noticias o resto da comunidade, só superados por a Liga Santander, Smartbank e 2B.

A TVG2 vén de cerrar un acordo coa Federación Galega, no que a delegación da Costa tivo un peso específico para que mirasen cara aquí no proxecto de apoio e aumento cara o fútbol amateur.

Tratase de momento retrasmitir en "Streaming"  na súa canle de YouTube o partido da xornada, coa suas respectivas entrevistas os adestradores e xogadores o final do encontro. Non é descartable poder saír algunha vez na televisión, dependendo da visualización que xeneren ditos encontros.

A TVG así segue apostado polo fútbol, e despois da Liga das Cidades, involucrase na liga dos pobos, onde o contrato e experimento serán ata final de tempada, así que máis orgullo para nós ser os elexidos.

Agora si que non temos excusas para disfrutar do noso fútbol, nunha segunda volta que vai ser televisivamente apaixoante. 

Comentarios