Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Algunha proposta para a Copa da Costa parece unha inocentada”

“Algunha proposta para a Copa da Costa parece unha inocentada”

Fisterra campion da Copa da Costa-Foto-FGF O Fisterra foi campión da Copa da Costa 2017 sendo equipo de 1ª Este luns 21 de xaneiro, ás 20:30h a sé da RFGF en Baio acolle unha das reunións máis importantes da temporada. Os clubs deciden o formato da Copa da Costa 2019. Este si que é o día de estar aí, de propoñer e votar. Despois, o día do sorteo haberá pleno de representación e só haberá opción de protestar. O delegado da Costa, Manuel Corredoira, leva preparadas 4 propostas da RGFG para evitar que haia os problemas de calendario aos que cada ano se enfrontan os equipos costeiros, con varias findes de doble partido.

  • 1ª proposta: Mantener a competición a doble partido;
  • 2ª proposta: modifcar a partido único, no campo de inferior categoría, toda a competición.
  • 3ª proposta: modificar a partido único, no campo de inferior categoría, ata Semifinais.
  • 4ª proposta: modificar a partido único, no campo de inferior categoría, ata Cuartos.

Outras ideas

Esta semana a web piratasdemuxia publicaba unha proposta enviada polo SCD Malpica e Luís Porto que bate contra a presencia dos equipos de Preferente e 1ª Galicia, tendo en conta que das últimas 7 edicións, seis dos campións son de Preferente (1 o Santa Comba, 4 o Xallas, 1 o Dumbría) e un é de 1ª (o Fisterra). A proposta do club malpicán propón que os dous equipos de Prefente xoguen unha Previa en marzo entre eles, e os 5 equipos de 1ª xoguen outra quedando así nos Dezaseisavos só 3 dos 7 equipos das categorías autonómicas.

Que opinan os afectados?

Falamos cos clubs afectados para preguntarlles que lles parece esta opción. Á pregunta “Que vos parece a proposta para a Copa da Costa do Malpica e Luís Porto?”, recibimos respostas coma estas:

  • Manel Frixe (Soneira): “Parécenos ridícula e ventajista, así de simple. A mellor opción para todos é como a Copa da Coruña. O formato de partido único na casa do maís pequeno ata cuartos”:
  • Chino (Baio): “Personalmente non me gusta, creo que non ten sentido ningún, xa que pode ser que algún equipo de 1ª ou Preferente xogue 3 partidos en 3 días... en fin…”.
  • Rama (Esteirana): “Nin de coña. Para eso sorteamos entre os de Preferente e 1ª e que xogue só un (jajaja)”.
  • Juan Jesús (Fisterra): “Paréceme unha inocentada. Vou chamar a Rubiales para que elimine ao Barça da Copa do Rey que a gañou 4 veces seguidas.”.
  • Cesar Ferrío (Dumbría): “A proposta é de risa. A Federación non pode permitir esas cousas, é como si os equipos da Champion non poden xogar a Copa do Rei”.
  • Pedro (Xallas): “Parece que aos de Preferente nos regalaron a categoría... Hai xente que non ten memoria”.
  • Ricardo Tasende: "jajaja".

 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-xallas-e-campion-da-copa-da-costa/

Comentarios