Venres. 05.06.2020
El tiempo

Árbitros costeiros para os duelos por todo o alto na Liga da Costa

Árbitros costeiros para os duelos por todo o alto na Liga da Costa
Óscar Santos arbitro da Costa Óscar Santos arbitrará o Muxía-Montelouro A Liga da Costa vive esta fin de semana unha primeira sucesión de enfrontamentos entre equipos xa candidatados ao ascenso de categoría, e a Subdelegación do Comité de Árbitros dispuxo as súas mellores galas para a ocasión. Dos seis primeiros equipos clasificados, catro deles enfrontaranse en dous duelos directos que servirán para comezar a calibrar as opcións de cadaquén. No San Andrés, o líder Mazaricos visita a un Zas que comezou con forza e aposta a recuperar a categoría perdida non hai moito. O encontro estará dirixido por Bruno Méndez, colexiado de Terceira División. E no Cairo, o Corme e o Baíñas, dous dos equipos que xa o ano pasado pugnaron polos postos de ascenso e este ano volven a comezar arriba, dirimirán un bonito duelo coa dirección de Pablo Rama, árbitro de Preferente Galicia. O Ponteceso, agora mesmo segundo clasificado, parte como favorito no seu duelo contra o Cee (Daniel Martínez), entanto o Muxía (4º) e o Monte Louro (7º) dirimirán un encontro de alternativas (Óscar Santos). E se hai duelos por arriba, tamén por abaixo. Particularmente dramático se presenta xa o encontro entre Lira e San Lorenzo (Óscar Rey), dous conxuntos que aínda non coñecen a vitoria nesta temporada. O fútbol costeiro, ao asalto da Liga Galega Xuvenil Os dous equipos costeiros presentes na Liga Galega Xuvenil, Bergantiños e Dumbría, están a ter un arrinque de campaña espectacular e, neste xornada, ambos disputan os seus encontros na casa e poden rematar a fin de semana como líderes. Abre a xornada o Dumbría (5º), quen recibe no Conco, o sábado, ás 12 da mañá, ao Compostela (2º, con só un punto máis). Encontro por todo o alto que estará dirixido por Bruno Méndez, asistido por Daniel Martínez e Breogán Rey. E á mesma hora, pero na xornada dominical, o Bergantiños (4º) recibe nas Eiroas a un Arteixo que só suma un punto, na que polo tanto debería ser unha xornada propicia para seguir sumando e pugnando polo liderado. A dirección do encontro corresponderá a David Castreje, asistido por Lucas Vicente e Breogán Rey. Dobre visita do Deportivo O sábado á tardiña o campo carballés das Eiroas recibirá unha dobre visita do fútbol base do Deportivo da Coruña, que confrontará cos equipos de base do Bergantiños en Liga Galega Cadete (Pablo Rama, Carlos Señarís e Lucas Vicente) e en Liga Galega Infantil (David Vázquez, David Cancela e Fabián Rey), ambos encontros ás 19.30 horas en cada un dos dous campos do complexo deportivo da capital bergantiñá. Camiño de Barbadás Tamén haberá árbitros costeiros na diáspora, xa que Rubén Reborido (acompañado por Denís Añón e Juan Marcos Ríos) viaxará á provincia de Ourense para dirixir o derbi ourensán entre Barbadás e Antela. Pola contra, os colexiados de Primeira Galicia non terán que viaxar esta xornada. David Vázquez Lema dirixirá o Fisterra-Unión (auxiliado por Manuel Espasandín e Sebastián Pérez) e David Castreje o Soneira-Tordoia (Rai Reborido-Lucas Vicente).

Como cada semana, todas as designacións arbitrais da RFGF, categoría a categoría, en www.futgal.es.

Todos os horarios en www.futboldacosta.com

 

comentarios