Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As cores do meu equipo: Cabana S.D.

As cores do meu equipo: Cabana S.D.
Por que o meu equipo leva esta cor? A esa pregunta queremos responder con esta nova sección de verán “As cores do meu equipo”. Unha sección que sae da fermosa exposición de camisetas que fixemos, coa axuda dos técnicos do Concello de Santa Comba, na V gala do Fútbol da Costa – QPC. Os que xa estivestes, xa puidestes ler a vosa historia, pero seguro que hai centos de siareiros do voso equipo que non saben o porqué das cores da túa camiseta.

As cores do meu equipo: Cabana S.D.

Camiseta do Cabana SD Camiseta do Cabana SD Escudo do Cabana SD

A historia e orixe da actual camiseta e cores do Cabana SD vén da man de Gelucho Romar, o primeiro presidente da historia do Cabana.

Alá polo ano 1981 fundaron o club e tiñan que buscar unha equipación que o representara. En vista de que os outros equipos as tiñan verdes, vermellas, brancas... Gelucho, mirándose as cores que lle gustaban do Inter de Milán, propúxolles aos demais directivos facelas de raias azul e negra como as do Inter, os cales aceptaron e así naciu a actual equipación do Cabana SD, unha das máis simbólicas da bisbarra.

 

Novas relacionadas

Comentarios