Sábado. 20.04.2024
El tiempo

As finais da Copa da Costa: cadete e infantil

As finais da Copa da Costa: cadete e infantil
Faise difícil escribir estas liñas despois do suceso tráxico ocurrido nas nosas estradas, que afectou a unha familia e a un rapaz do noso fútbol e á súa irmán. A vida segue, o fútbol continúa, pero non por iso temos que deixar de lembrar ás persoas queridas que nos deixan, e no recordo quedará a figura de Isma para sempre. As finais copeiras deben de ser unha homenaxe na súa honra, para alguén que amaba o fútbol como todos o amamos. Vai por el. Na categoría cadete veremos en Outes a final entre o campión de liga, o Outes, e o sorprendente Sofán, que sin ser dos favoritos, e dende o cuarto posto na fase previa, foi eliminando equipos teoricamente superiores e plántase con todo merecemento na finalísima. O Outes, como decimos claro campión da Liga da Costa, só coa oposición dos Miudos, eliminou despois da fase previa ó Coristanco con dúas vitorias po 4-1 e 5-1, e ó Corme, perdendo no Cairo por 2-1 e vencendo en Outes por 10-0¡¡¡. A verdade é que asusta o cadro branco e negro, e coa final no Cunchido é claro favorito para levarse o título. O Sofán pola súa parte sorprendeu ós Miudos, tras un partido incrible no Carral (7-5), e aguantar en Muros un empate a 1 en cuartos de final. Nas semifinais sufriu ante o Cabana. Venceu 2-0 no Carral pero caeu 3-1 en Cabana, e gracias a un gol de Montero nos últimos minutos pasou á final. Os cadetes do Sofán, un rival duro de roer Nos partidos de liga o Outes venceu 1-2 en Carballo e 4-1 no Cunchido, o que acrecenta o seu favoritismo. Ambos equipos teñen xogadores na selección sub 15 costeira. Raúl, Cristian e Lucas son habituais por parte do Sofán, e no Outes destaca o goleador Ryam , o hábil Siso, Sanchiño no centro do campo, José del Río, autor de 17 goles en liga e Marta impoñendo a súa lei na defensa. Na categoría infantil repítese a final de Zas do ano pasado: Cee - Sofán, que vencera o Sofán contra todo pronóstico. No torneo ligueiro o Cee foi campión, perdendo un só partido, precisamente ante o Sofán na primeira xornada. Os do Carral foron 5º, facendo unha gran segunda volta. No torneo copeiro o Cee eliminou con claridade ó Ponteceso, vencendo 7-2 e 10-0. En cuartos igualou co Coristanco na ida pero venceu 7-0 en Cee, e en semifinais igualou 2-2 co Cerqueda en Xaviña, remontando un 2-0 adverso,  venceu 4-1 en Cee. O Sofán tivo unha copa movida. Botou ó Dumbría a penaltis, despois de dous 1-0. En cuartos dou a sorpresa eliminando ó subcampeón, perdendo en Outes 1-0 e remontando 2-0 no Carral. En semis, venceu 2-0 e 2-1 ó Corme. No Sofán o grupo é a clave, pero destacan as individualidade de Iván, o mellor gardameta da liga, e o goleador David. O Cee pola súa parte ten ó fantástico dianteiro Alfredo, como buque insignia dun espléndido equipo dirixido por Rubén, que augura un gran futuro á canteira ceense. Espéranos unha bonita final en Louro este sábado. Sorte a todos¡  

Comentarios