Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As Miúd@s xa saben gañar

As Miúd@s xa saben gañar
Barbara asumiu no choque das Miudas Bárbara, protagonista no choque das Miúdas-Foto-Chema Caamaño

2ª xornada da 2ª División Feminina e As Miúdas xa saben gañar. As de Fran Figueroa vencían ao terceiro equipo do Victoria e sumaron a primeira e histórica vitoria das muradanas.

Mentres, o Bergan sumaba a súa primeira derrota en 3 partidos, nun choque no que mereceu máis, pero queda en zona alta.

2ª División, Gr.2, xornada 2

  • Resultado: As Miúd@s - Victoria C (2-1)
  • As Miúd@s: Julia, Yaiza (Paula, m.52), Isa, Martina, Antía, Laura, Marta (Sara, m.38), María (Irea, m.82), Gala (Natalia, m.72), Bárbara, Iria (Eva, m.48).
  • Goles: 1-0, m.33: Antía de penalti; 1-1, m.47; 2-1, m.60: Eva.
As Miudas na presentacion oficial en casaAs Miudas na presentacion oficial en casa As Miúdas na presentación oficial en casa-Foto-Chema Caamaño

Partido moi competido o vivido Eleuterio Balayo, que servía de presentación oficial na casa nesta competición para As Miúd@s. Empezaron ben prantadas, cunha defensa adiantada e presionando a saída de balón das santiaguesas que non puideron iniciar en corto como están habituadas. Aínda así colleron en 2 balóns as costas da defensa que nunha boa salida de Julia, e a outra por un fallo no último control da dianteira do Victoria non puideron cambiar o resultado.

O cadro local controlaba o partido e á media hora, Antía aproveitaba un balón solto dentro da área tras un córner para abrir o marcador. Pero o colexiado anulou o tanto e pitou penalti, que transformaría a propia Antía facendo o 1-0.

Un par de internadas de Gala, moi enchufada, non conseguirían atopar o remate de Iria que batallou toda a 1 parte coas centrais do Victoria. Así se acababa a primeira metade na que unha das destacadas era Martina, mandando dende atrás.

As Miudas Celebrando o gol de Antia As Miúdas celebrando o gol de Antía

Comezaban as santiaguesas moi fortes na segunda, e pronto empataban o choque. A pesar do golpe tan pronto, as costeiras non se viñeron abaixo e buscaron a velocidade nas bandas de María e Gala, que xunto a unha Eva que debutaba hoxe e acababa de entrar, creaban perigo en balóns longos.

Sen un dominador claro, foi Bárbara, de novo, a que deu un paso atrás para recibir entre liñas e e combinar dende campo propio xunto cunha Laura que recuperaba todo o que pasaba cerca. Así conseguimos xogar cerca da sua area na que nun balón mal rechazado polas zagueiras visitantes, apareceu Eva para bater por baixo no minuto 60 e darnos esa histórica primeira vitoria diante da súa xente. Puido quedar en empate se no minuto 82 marcara o Victoria nun man a mán no que Julia sacou unha man increible convertíndose en protagonista destacada do desenlace final. A seguinte xogada chegarían as locais á area rival combinando en ataque Natalia, Sara Cubelo e Bárbara, deixaron a esta última na que sería a derradeira ocasión do encontro soa na frontal, pero o cansancio fixo que se enchera de balón tirando por riba do largueiro e quedando así o 2-1 final, nun partido tan bonito como disputado.

A vindeira semana as muradáns visitarán ao Xuventú de Aguiño.

 

2ª División, Gr.1, xornada 3

  • Resultado: Unión Campestre - Bergantiños (3-2).
  • Bergantiños: Lucía Couñago, Piroja, Torrado, Seo, Paula, Lucía Canosa (Isa 50), Sabrina (Eva 35), María, Andrea (Lydia 70), Tamara (L. Cambón 75), Zeltia (Noe 45).
  • Goles: 0-1, m.10: Tamara; 1-1, m.38; 2-1, m.59; 2-2, m.60: Tamara; 3-2, m.65.
Bergan fem

Un empate tería sido un resultado máis xusto, pero as de Gueli non levaron premio de volta a Carballo. Os primeiros minutos do partido foron de dominio das carballesas, e a raíz deles foron chegando as ocasións. Tamara facía o 0-1 cunha bonita vaselina tras un bo pase de María. A raíz do gol, as locais faríanse co dominio do balón con perigosas chegadas. A poucos minutos para o descanso chegaba o gol do empate ao rematar Lorena unha falta lateral no segundo pau. Sen máis ocasións chegábase ao descanso.

Trala reanudación os dous equipos igualaron forzas no mediocampo e a tensión do choque aumentaría. Ocasións en ambas porterias pero sen acerto nos minutos finais. Mediada a segunda parte chegaban os cinco minutos tolos. Marta adiantaba ás campestres ao definir ben nun man a man con Lucía. Xusto tralo saque de centro, Tamara definía ben ante unha mala saída da porteira local. E cinco minutos despois se adelanatba nuevamente o Campestre tras unha boa xogada colectiva. Nos minutos finais, as carballesas que tiraron de casta e coraxe, dispoñerían de varias ocasións claras para empatar e ata Lydia a punto estivo de empatar nun man a man.

Finalmente o resultado non se movería, e as carballesas lamentaron o resultado nun partido no que mereceron máis, deixando ás de Gueli na 6ª praza.

O vindeiro domingo recibirán ás 12:00h. nas Eiroas ao Orzán B.

 

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios