Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras

As Seleccións Coruñesas e Galegas, cheas de xogadoras costeiras
As xogadoras Lucia Noe Marta e Laura As xogadoras Lucía, Noe Marta e Laura, convocadas ca Selección Coruñesa Gueli adestrador do Bergantinos feminino e da Seleccion Corunesa Gueli, adestrador do Bergantiños feminino e da Seleccion Coruñesa

Como cambiou o conto este tempada ao ollar as convocatorias para as Seleccións Galegas de base. Hai anos que non atopábamos nomes costeiros, e parece que a cousa está cambiando. Non só na Selección Galega UEFA 3ª División, que convoca a 3 xogadores do Bergantiños (Aarón Rama, Iago López e Rodrigo Alonso) para un adestramento o mércores de cara ao partido contra Valencia do vindeiro 31 no campo do Coia.

Ollando ás categorías inferiores vemos cantidade de nomes da Costa da Morte, salientando os nomes en clave feminina. Así, por exemplo, as xogadoras do Bergantiños Laura Torrado, Noelia Amarelle e Lucía Couñago, e a outiense Marta Calvo, volven ser convocadas coa selección coruñesa Femenina sub 15 para un partido preparatorio para a segunda fase do campionato galego de seleccións, na que aínda non competirá o combinado costeiro. O choque foi este mesmo mércores ás 19:00h na Porta Santa de Paiosaco.

FSF

O nivel do Fútbol Sala Feminino tamén está medrando e así o corrobora o feito de ter 3 xogadoras do Fisober nas Seleccións Galegas. Carla Couso e Paula Fandiño irán coa sub.17 e a porteira Lía Agra coa sub-21.

Novas do Fútbol Feminino

Novas do Fútbol Sala Feminino

Fonte

Comentarios