As Seleccións da Costa sub12 e sub15 tamén teñen o seu cromo no Álbum da Costa
20:41 19/12/18
Cromo da Selección Sub15 da Costa Non podía falta nesta publicación única a gran aposta da RFGF polo fútbol base costeiro. Xa lles entregamos o Premio Abdoulaye ao Fútbol Base na pasada Gala do Fútbol da Costa-QPC, e tamén tiñan que estar presente no Álbum da Costa. Tanto o combinado sub12 como o sub15 teñen os seus cromos de equipo nesta completísima publicación, convertindo a máis de 30 rapaces en auténticas estrellas do noso deporte. Este venres, na Gala de Presentación podederes ser os primeiros en facervos cos cromos. Cromo da Seleccion Sub12 da Costa