Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Bergantiños e As Miúdas prepáranse para unha nova temporada

Bergantiños e As Miúdas prepáranse para unha nova temporada

Xa temos en www.futboldacosta.com os calendarios dos dous grupos de 2ª División Feminina nos que compiten os nosos dous equipos, Os Miúdos e o Bergantiños. Uns equipos que xa son absolutamente protagonistas da actualidade diaria do deporte costeiro, como o demostrou a súa presencia na Gala do Fútbol da Costa do pasado xuño, e como se ratifica coa aparición das bravas xogadoras costeiras no vindeiro Álbum de Cromos.

Esta vindeira fin de semana comezan unha nova temporada, a 3ª das carballesas e a 2ª das muradás. E queremos falar cos seus adestradores, Gueli Cotelo e Fran Figueroa, para que nos conten como afrontan o comezo de curso. Un:

Fran Figueroa, das Miúdas

As Miudas 18-19 As Miúdas 18-19 Fran Figueroa adestrador das Miudas Fran Figueroa adestrador das Miudas

”O curso preséntase con algo de incertidume en referencia ao que mos imos atopar, xa que só coñecemos a 5 dos 14 equipos, aínda que nós estamos preparándonos para competirlle a todos eles. En todo caso é unha moi boa noticia que haia tantos equipos novos, eso quere dicir que a situación deportiva delas se normaliza.”

”O noso obxectivo é simplemente ese, competir ben, fomentar na nosa zona a práctica do fútbol para todas as nenas, que se animen xa desde pequeniñas para poder dar o salto o equipo senior como xa fixo Marcela no pasado derbi amistoso en Carballo”.

”As novidades son as 5 incorporacións que fixemos, que xa están encaixadas no día a día do equipo para aportar tanto como as que empezaron hai máis dun ano, sin olvidar a Melodi, Sara Romero e Irea que a pesares de non ter ficha federativa seguirán adestrando e apoiando o equipo sempre que dispoñan de tempo”.

”En canto as aspiracións competitivas penso que marcarnos metas tan cedo e sin coñecer a maior parte dos rivales sería un erro, o que si temos claro que imos ser un equipo complicado de superar si estamos o nivel que mostraron as Guerreiras neste mes e pouco de pretemporada, pero para eso temos que manter un mínimo de regularidade que ás veces non se dá. Ademáis de contar só con Julia na portería... si as lesións nos respectan imos disfrutar, eso está asegurado”.

”Os desprazamentos finalmente son algo máis lóxicos do que pintaban nun principio, xa que, a oesares de non ter que ir a Rúa de Valdeorras poñíannos no grupo da zona de Santiago tendo que chegar a Ribadeo. Finalmente nos ubicaron no grupo de Arousa e a viaxe máis longa será a Sanxenxo.”

 

Gueli Cotelo, míster do Bergan

Bergantinos feminino 18-19 Bergantiños feminino 18-19 GUeli adestrador do Bergan feminino Gueli adestrador do Bergan feminino

”Na plantilla desta tempada houbo cambios significativos. Marchou algunha xogadora importante e viñeron xogadoras de superior categoría para dar un saltiño de calidade, pero aínda precisan adaptarse ao equipo e ao noso xogo. Seremos un equipo moito máis experimentado que estas dúas últimas tempadas. As nosas xogadoras van sumando cada vez máis a pasos axigantados, e as fichaxes novas xa levan varias tempadas competindo a un nivel moi bo. Buscaremos competir a un bo nivel contra todos os rivais”.

”Nesta liga nunca sabes o que te vas a atopar, descoñecemos o rendemento de varios equipos e hai algún que ven de superior categoría. O nivel da competición é máis alto. O noso obxectivo é competir o mellor posible dentro da propia formación que estamos a dar ás nosas xogadoras. A partir das dez primeiras xornadas xa se saberá por que obxectivo loitará cada equipo”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-xogadoras-do-futbol-feminino-costeiro-protagonistas-do-album-de-cromos/

Todas as novidades do Fútbol Feminino en QPC

 

Comentarios