Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A PREVIA ARBITRAL

A calma que precede a tempestade

Castriz e Porteno enfrontanse polo ascenso a LIga da Costa
Castriz e Porteño enfróntanse polo ascenso a LIga da Costa
A calma que precede a tempestade

Xornada “a medio gas” no fútbol costeiro, á espera de novas e fortes emocións, aínda que con algúns focos de interese. E é que en boa parte das competicións (2ª Galicia, xuvenís e infantís) afróntase unha última xornada ligueira maiormente de trámite, con case todo decidido, e velando armas para o comezo das competicións copeiras. 

Así, na tarde do domingo un dos puntos máis atraíntes será o Ara Solis, onde a partir das 17.30 horas (David Vázquez, Iván Ferreiro e Rai Reborido) se vivirá un derbi costeiro de máxima importancia: o Fisterra, líder, precisa nove de nove puntos para consumar o ascenso á Preferente, en tanto a Esteirana precisa case outros tantos para non verse implicada no descenso (xa sexa por vía directa ou por vía dos arrastres).

O outro grande foco de atención do domingo estará en San Pedro de Castriz, onde se decidirá o equipo que acompañe a Coristanco e Cabana no seu ascenso á Liga da Costa. A partir das 17.00 horas, baixo a dirección de Adrián Pérez (auxiliado nas bandas por Manuel Espasandín e Sebastián Pérez), mediranse Castriz e Porteño na pelexa polo último billete. Os locais tentarán facer valer o bo resultado da ida, en tanto os visitantes intentarán non quedarse ás portas do ascenso, tal e como xa lles aconteceu o ano pasado.

Na matinal do domingo haberá xa competición copeira, tanto no fútbol veterano como no cadete. E faino con algún prato forte, como o que nos deparou o sorteo do martes da competición de veteranos e que levará a que Sporting Zas e San Lorenzo, dous dos mellores equipos da competición, midan as súas forzas xa nesta primeira ronda. O partido de ida será no Platas Reinoso (10.00 horas, Rubén Reborido), e aproveitarase o encontro para a entrega do trofeo de campión de liga ao conxunto local, mesmo acto que se repetirá dúas horas despois, na previa do partido cadete, co equipo do Concello de Zas, que tamén se proclamou campión da súa competición.

A xornada da competición xuvenil do sábado é de transición, toda vez que esta pasada semana o sábado Os Miúdos (coa súa vitoria fronte ao Corme) amarraron o título, e os cormeláns (no partido disputado entre semana) aseguraron a segunda praza que dá acceso á fase de ascenso.
Algo parecido acontece en categoría infantil, onde os resultados desta última semana, con dous enfrontamentos entre os tres primeiros, determinaron que serán Cee e Dumbría quen xoguen polo ascenso. Pero, neste caso, o título queda en xogo para este último partido, e ambos equipos enfrontan a equipos da zona alta da táboa. O Cee depende de si mesmo despois da súa vitoria do sábado pasado no Conco, pero non terá un partido sinxelo, pois visita ao Sofán (11.00 horas, Óscar Santos). Á mesma hora, no seu feudo do Conco, o Dumbría (Pablo Rama) recibe ao Outes cunha mirada posta no Carral. 

Costeiros polo país adiante

Este domingo haberá representación arbitral da Subdelegación da Costa tamén en cinco campos alleos ás nosas fronteiras. 

Primeiramente, no Municipal de Barraña, onde Bruno Méndez (auxiliado por Alberto Baña e Iván Vilanova) dirixirá a partir das 18.00 horas o partido de Terceira División entre Boiro e Barco. 

Á mesma hora Pablo Rama arbitrará o encontro da Preferente Galicia, grupo sur, que enfronta a Marcón e Antela (auxiliado por Miguel Suárez e Brian Agüero, ambos da Delegación da Coruña). E a partir das 19.00 horas disputarase o Estudiantil-Sarriana, da Preferente Galicia grupo norte, no que Óscar Santos actuará como asistente (dirixe o coruñés Alexandre Represas).

Na 1ª Galicia, ademais de no Ara Solis, haberá trío arbitral da Costa da Morte no García Hermanos (17.00 horas, David Castreje, Juan Marcos Ríos e Lucas Vicente) para o partido que enfronta a Betanzos e Cambre. Marcos Ordóñez actuará como asistente no Orillamar-Ciudad (16.00 horas, A Grela 1) que dirixe o coruñés Antonio Fuentes, quen desta forma pon fin a unha longa carreira arbitral.

---

Todas as designacións arbitrais, como cada semana, categoría a categoría, dende os senior a todo o fútbol base, en www.futgal.es. 

Ademais, en www.futboldacosta.com tendes as competicións ligueiras e en www.copadacosta.com, as copa e as fases de ascenso.

Comentarios