Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carnota, Malpica e Muxía prepáranse para os primeiros torneos do verán

Carnota, Malpica e Muxía prepáranse para os primeiros torneos do verán

Co gran Campionato de Barrios de Esteiro xa en marcha, chegan novas propostas para estas vindeiras semanas.

F8 en Carnota

O IV Torneo de Fútbol 8 de Carnota vaise celebrar no campo de fútbol de Lombáns este sábado 9 de xuño de 2018, no que participarán dende a categoría biberón ata a categoría infantil. Estarán equipos como o Bertamiráns, o Camariñas, a Esteirana, o Boqueixón, As Baleas, o Laxe, o Rois, o Fátima, o Coristanco, o Xallas, e as propias escolas locais.

Maratón en Muxía

Desta volta son os maiores os que se están xa apuntando ao Maratón de FS de Muxía que se vai celebrar os días 9 e 10 de xuño, con máis de 1000 “puntos” en xogo. Poden apuntar ao seu equipoi no 606 816 086.

II Malpica Vidú Cup

O próximo sábado 16 de xuño, os campos de fútbol do Concello de Malpica de Bergantiños farán que este se convirta na capital galego-portuguesa do fútbol Sub-15 coa celebración da segunda edición da Malpica Vidú Cup. O propio consistorio malpicán e a Asociación Deportiva Vidú poñen en marcha a II Malpica Vidú Cup, un torneo de categoría Sub-15, que empeza a consolidarse no panorama futbolístico de verán e no que volverán a participar varios dos equipos máis importantes de Galicia como son o Real Club Deportivo de A Coruña, o Club Deportivo Lugo, o Pontevedra Club de Fútbol ou o Bergantiños CF, ademáis de dúas seleccións comarcais como son a Selección Coruñesa e a Selección da Costa da Morte, esta última exercerá de equipo anfitrión, e dous clubes portugueses de renome como o Vitória Sport Clube de Guimarães e o Grupo Desportivo Chaves. Por tanto, un total de oito conxuntos loitarán polo título de campión desta II Malpica Vidú Cup, a cal se desenvolverá cunha fase de grupos que comezará a partir das 10.00h. e na que o Vitória Sport Clube de Guimarães, a Selección Coruñesa, o Pontevedra CF e o Bergantiños CF competirán no Grupo A, o cal se disputará en a Pedra Queimada (Malpica de Bergantiños), mentres que a Selección da Costa, o Real Clube Deportivo de A Coruña, o GD Chaves e o Club Deportivo Lugo farán o propio no Grupo B, o cal se celebrará en Xaviña (Buño). Esta fase inicial servirá para determinar os enfrontamentos da fase final, a cal se disputará no Campo Municipal de Xaviña por eliminatoria directa a partir das 16.30h. ata as 21.30h, momento no que se procederá á entrega de trofeos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/volve-o-campionato-por-excelencia-do-futbol-da-costa-o-41o-campionato-de-barrios-de-esteiro/ https://quepasanacosta.gal/medio-millar-de-deportistas-disfrutaron-do-futbol-base-no-torneo-vidu-de-malpica/

Comentarios