Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Comité Galego de Adestradores copa o Youtube de clases maxistrais

XORNADAS-COMITE-ONLINE-03-04-20
O Comité Galego de Adestradores copa o Youtube de clases maxistrais

Xa podedes na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol, as conversas con Miroslav Djukic (adestrador do Sporting de Gijón) e Paco Jémez (técnico do Rayo Vallecano), e a de onte, co Fútbol Sala como protagonista con Bruno García, seleccionador de Xapón, e Miguel Rodrigo, actual director deportivo de fútbol sala da Federación Andaluza.

Pero a RFGF non para e este venres 3 de abril hai outra xornada online de “Falemos de Fútbol desde casa” con Sergio González e Eusebio Sacristán. A cita co mítico Eusebio Sacristán en Sergio González (ex deportivista e adestrador hoxe do Valladolid) comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol  

 

Comentarios