Luns. 17.06.2019
El tiempo

As complicadas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas base

O Dumbría Infantil segue vivo na Fase de Ascenso
O Dumbría Infantil segue vivo na Fase de Ascenso
As complicadas Fases de Ascenso ás Ligas Galegas base

Nova fin de semaan de Fases de Ascenso, e nova xornada negativa para os nosos. Algo pasa cando ano tras ano, os nosos equipos apenas superan o primeiro chanzo. Este ano apenas un dos 8 representantes teñen opción de continuar o seu periplo cara a Liga Galega. É o Dumbría, como segundo da Liga Infantil, e despois de superar a previa, caía por un apretado 2-1 no campo do Numancia, polo que todo depende da volta, que se disputará este sá bado 25 ás 12:00 no Conco.

Dumbria Infantil con Huelvis
Huelvis cos infantís do Dumbría

Á mesma hora o San Paio de Refoxos acollerá a eliminatoria do Cee ante o Ordes, despois do 4-1 da ida para os ordenses. Difícil o terán os de Rubén para superar esta, a primeira das tres eliminatorias que teñen que superar para ascender.

Tamén nos cuartos atópase o CDC Zas Cadete, que caía 3-0 na ida en Narón ante o Narón B. A cita, o domingo ás 11:30h en San Andrés.

E o último equpipo en liza é Os Miúdos Xuvevil, que despois de caer na previa ante o Calasanz B, caía tamén na ida ante o Arzúa por 3-0. Tamén o domingo saberemos se os muradáns conseguen seguir a competición.

Fases Alevín e Benxamín

Outes Alevin
Outes Alevín

Os equipos Alevíns e Benxamíns do Outes disputaron a FG. Galega, como campións costeiros. Precisamente o Conchido, acollía a fase intermedia do Campionato Galego de Futbol-8 na súa categoría Alevín, unha liguilla de 3 partidos ante Racing Vilalbés, Escola Estrada e Calasanz. Tras 9 horas do mellor fútbol base autonómico, o Outes quedaba na 6ª praza, sendo o Xuventude Oroso o grande campión.

Mentres os Benxamíns viaxaban ao Outeriño, quedando na 4ª praza.

UC Cee no torneo de Noia

Mentres, en Noia disputábase o VI Torneo Vila de Noia no que participaron, entre outros o U.C. Cee (nesta foto) que acadaron o segundo posto na Fase de Consolación. Tamén estiveron os Miúdos, que caían ante o Sálvora pero a entrada ao campo foi de auténticas estrellas.

Comentarios