Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Copa da Costa: Bendita Copa

Imaxe do encontro no Cairo entre o Corme CF e a SD Castriz
Imaxe do encontro no Cairo entre o Corme CF e a SD Castriz. Foto: Fin Lema.
Copa da Costa: Bendita Copa

Vaia Copa da Costa estamos a ter. Se xa de por si, estaba a ser emocionante esta edición da competición por excelencia do fútbol da Costa, o que aconteceu nos partidos de ida dos cuartos de final, engrandeceron un pouco máis o torneo copeiro da presente tempada.

O festival de goles que houbo no Cairo e que deixa todo por decidir para a volta entre Corme e Castriz en San Pedro; a sorprendente goleada do Camariñas sobre un Coristanco que ata o momento se mostrara intratable; e as vitorias pola mínima de Malpica e Esteirana ante Cabana e Malpica, respectivamente, fan que esta Copa da Costa gañe aínda máis en emoción.

Corme CF 5 – 4 SD Castriz

Corme CF: Illote, Pandi, Sueiro (Diego m.78), Manu Bermúdez (Brais Torrado m.82), Brais, Lucas, Alejandro, Toniño, Javi Peón (Brais Andrade m.82), Samu Costa (Eloy m.57).

SD Castriz: Puyol, Rompe (Toniño m.74), Adrián, Bruno (Chiki m.78), Steven, Jesús, Iván (Cambón m.85), Martín Gemelo, Álex, Robi (Kevin m.68) e Sebas.

Goles: 1-0 m.2: Alejo; 1-1 m.4: Sebas (p); 1-2 m.49: Iván; 1-3 m.55: Adrián; 2-3 m.56: Sueiro; 3-3 m.59: Alejo; 4-3 m.74: Manu Bermúdez; 5-3 m.87: Javi Peón; 5-4 m.89: Jesús.

O encontro comezaba da mellor maneira posible para un Corme que se adiantaba aos dous minutos de xogo cun gol do seu killer Alejo. Pero non tardaría en responder o Castriz, xa que no minuto 4, Sebas aproveitaba un penalti por mans de Pandi para devolver as táboas ao marcador.

Nesta primeira metade, o conxunto local tería varios achegamentos de perigo para volver a poñerse por diante no marcador pero os xogadores cormeláns non acertarían de cara a gol.

Se na primeira metade os minutos iniciais foron dos locais, os do segundo tempo foron para un Castriz que se poñería cunha cómoda vantaxe grazas aos goles de Iván e Adrián.

A pesares deste duro golpe, o Corme tirou de garra e, Sueiro e Alejo volvería a poñer o empate no luminoso, pero a reacción dos da vila do Roncudo non rematarían aquí, senón que lograrían darlle a volta ao marcador cos tantos de Manu Bermúdez e Javi Peón.

Xa co partido tocando ao seu fin, Jesús superaría a Illote e faría o definitivo 5-4, resultado que deixa todo por decidir no encontro de volta en San Pedro.

Corme-Castriz

Camariñas FC 3 – 0 SD Coristanco

Camariñas FC: Pablo, Soule, Rodri, Fran, Brais, Raúl, Mario (Adrián m.83), Miki (Cibrán m.23), Dani Moreno (Saviola m.70), Óliver e Djibi.

SD Coristanco: Diego Mallo, Sergio, Mato, Torres (Xuko m.46), Lagoa (Castiñeiras m.46), Pazos, Samuel, Rubio, Erre, Álex, Magovi (Corral m.46).

Goles: 1-0 m.42: Djibi; 2-0 m.43: Soule; 3-0 m.62: Djibi.

Expulsións: Os locais Brais e Raúl e os visitantes Rubio e Pazos. Tamén expulsou ao adestrador camariñán Berto.

O Coristanco probablemente fixese o seu peor partido da tempada e dous erros infantís na saída de balón, condenou aos homes de Eloy Calvo ao fío do descanso, xa que un Camariñas que xogaba con dez pola expulsión de Brais, acadaría unha cómoda vantaxe antes do descanso grazas aos goles de Djibi e Soule.

Na reanudación, o Coristanco tratou de reaccionar cun triple cambio pero este non deu os seus froitos e Djibi poñería a eliminatoria aínda máis favorable para os seus cun cabezazo á saída dun protestado saque de esquina.

E co 3-0 no marcador chegaríase ao remate dun partido no que o Camariñas foi mellor que os visitantes e que, grazas a iso, logrou unha importante vitoria coa que encarrila a eliminatoria.

SD Esteirana 1 – 0 CD Baio

Esteirana - Baio Copa da Costa

SD Esteirana: MJ, Elías (Pachi m.88), Simón, Josiño Alves, Álex (Samu m.78), Adrián, Róber Pladur (Maroñas m.94), Codesido, Dani Rama, Tobío, Raúl (Carajillo m.83).

CD Baio: Dani Varela, Álex Figueiras (Moreno m.56), Norberto, MC, Bieito, Iván Rojo (Santi Díaz m.64), Peke, Damián, Yago, Isaac (Rubio m.71) e Álex Varela.

Gol: 1-0 m.8: Raúl.

A Esteirana comezou mellor o encontro, tendo o dominio de balón, chegando á porta rival e xa no minuto 8, un zurdazo de Raúl, logo dun taconazo de Róber Pladur, supoñería o 1-0, resultado co que se chegaría ao tempo de lecer.

Na reanudación, o Baio tratou de reaccionar e apretou aos esteiráns, aínda que sen inquedar a portería defendida por un MJ, que tan só vería perigrar a súa imbatividade en xogadas a balón parado que se quedarían en nada.

Elías tería unha boa oportunidade para os de Geno pero unha gran intervención de Dani Varela, faría que o marcador non se movese e que o encontro rematase cunha mínima vantaxe para os esteiráns.

SCD Malpica 3 – 2 Cabana SD

SCD Malpica: Eusebio, Mante, Andy, Villar, Fuentes, Capelán, Laik (Belar m.50), Migueliño, Michi Castro, Gonzalo (Roberto m.38)(Jorge m.56), Jairo (David López m.78).

Cabana SD: Darío, Pablo Senande, Duda, Pipa (Ismael m.63), Raúl, Dani (Aarón m.71), Fernando (Castro m.46), Manolo, Manuel, Cacha (Cristian m.81) e Iván.

Goles: 1-0 m.5: Michi Castro; 2-0 m.50: Michi Castro (p); 3-0 m.71: Michi Castro; 3-1 m.90: Manuel; 3-2 m.94: Iván (p).

Expulsións: O malpicán Andy no minuto 43 e tamén aos locais Fuentes e David López, ambos no 94.

Partido no que o Cabana pagou caro o non entrar ben ao terreo de xogo ante un Malpica que se adiantou por medio de Michi Castro e que dominaría con claridade o encontro. Antes do descanso, Andy sería expulsado por unha acción de último home co dianteiro cabanés Manuel.

Tralo paso por vestiarios, o Cabana quixo dar un paso á fronte pero o pau impediría o empate e aparecería de novo a figura de Michi Castro, quen faría o segundo dende o punto fatídico.

Mediada a segunda parte, Michi Castro completaría o seu particular hattrick nunha xogada na que os visitantes pedirían posición antirregulamentaria.

E cando o partido tiña unha clara cor azulona, o Cabana reaccionaría cun bo gol de Manuel no minuto 90 e un penalti que transformaría Iván no 3-2, resultado que lle daría esperanza a uns cabaneses que vían todo perdido ante un Malpica que tivo numerosos contratempos en forma das lesións de Gonzalo e Roberto, o primeiro deles parece que de gravidade.

Comentarios