Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Copa da Costa: Trasatlánticos e embarcacións de recreo

Copa da Costa: Trasatlánticos e embarcacións de recreo
Asoman a cabeza nos cuartos de final Mazaricos, Corcubión e Cerqueda, que competirán cos representantes da Costa a máis alto nivel O plantel do Cerqueda celebra nos vestiarios de Louro o seu pase a cuartos - Foto: UD Cerqueda O plantel do Cerqueda celebra nos vestiarios de Louro o seu pase a cuartos - Foto: UD Cerqueda Así quedan os Cuartos, sempre accesibles en www.copadacosta.com Copa da Costa   Malpica 0-3 Mazaricos Formación do Mazaricos que venceu en Malpica - Foto: Luis Porto Formación do Mazaricos que venceu en Malpica - Foto: Luis Porto
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Malpica: Víctor; Alejandro Marquez, Casais, (Mara m.46), Óscar Moscoso, Rubén, Eloi Vilas, (Dímaga m.62), Petís, (Charro, 46), Migueliño, Cololo, Carlos Mallo, (Roi Carril m.46) e Jaco
  • Mazaricos: Miguel; Miguel Riveiro, Estefano, Ricardo, Matías, Ferreiro, David García, Esteban Pereiro, Chenel, (Ángel m.82), Molinos e Brais (Martín m.86)
  • Árbitro: Morlán García (A Coruña). Expulsou a Dimaga (m.89) do Malpica
  • Goles: 0-1 m.6 Molinos; 0-2 m.15 Matías; 0-3 m.89 David García, de penalti
O Mazaricos pecha o peor ano do Malpica O 3-2 do partido de ida invitaba a pensar nunha igualdade moito maior entre Malpica e Mazaricos, pero ao cuarto de hora apenas quedaba xa eliminatoria. Unha acción por banda de Chenel e Rubén acabou nun servizo ao segundo pau que Molinos non desaproveitou para facer o primeiro. Pouco despois, Matías, de cabeza á saída dun córner, resolvía. Coa eliminatoria morta e contra o final David García transformou un penalti para facer o terceiro.   Baio 1-1 Baíñas
  • Campo: Platas Reinoso
  • Baio: Pollo (Julián m.19), Yago, Porto, Mario, Luis Alvite (Luisito m.54), Norberto, Peke (Fachal m.76), Saleta (Martín m.61), Rubio, Christian (Eloy m.54) e Martín MC
  • Baíñas: Sergio, Matías, Tantán (Jorge Calvete m.68), Pablo Rey, Esteban, Cristian (Mario Casal m.63), Javi Suárez (Eloy Cabeza m.53), Canay, Jaime, Alemán e Dani Casal
  • Árbitro: Rodríguez Penas (A Coruña). Expulsou a Jorge Calvete, do Baíñas (m.90). Amonestou a Saleta e Pollo do Baio; Esteban e Pablo Rey do Baíñas
  • Goles: 0-1 m-3 Matías; 1-1 m.90 Porto
Mellor do agardado Podía invitar a pensar nunha volta aburrida o 1-3 da ida en Vimianzo, pero Baio e Baíñas deixaron unha tarde máis que entretida no Platas Reinoso. O madrugador tanto de Matías, sacando o cañón da súa perna dereita, fixo que os visitantes empezasen a crer. E o fixeron de tal xeito que convertiron ao debutante meta Julián nunha das figuras do encontro, xunto coa madeira da súa portería, que despexou os disparos do Baíñas en varias ocasións. Non atopaban a profundidade nin as ideas necesarias os baieses, que sen embargo igualaron e pecharon a eliminatoria na prolongación do segundo acto.
  Unión Club Cee 0-4 Sporting Zas
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Unión Club Cee: Paulo, Nico, Chiru, Borja (Rubén m.56), Rubén Fiuza, Esteban, Andrés Trillo (Alexandro m.71), Josiño, Leo, Isma Lamela e Xabi (Álex m.53)
  • Sporting Zas: Bugy (Tívoli m.55), Dieguiño, Josito, Manu (Carlos m.46), Rubén Forján (Brais m.55), Cilindro, Isma, Adri, Rubio, Dani Mato (Elías m.61) e Chapela
  • Árbitro: Núñez Fiuza (A Coruña). Amonestou a Borja, Rubén Fiuza, Rubén do Cee; Manu, Dani Mato e Chapela do Zas
  • Goles: 0-1 m.14 Dani Mato; 0-2 m.21 Josito; 0-3 m.50 Chapela; 0-4 m.81 Rubio
Menos do que parecía Invitaba a pensar nunha gran tarde de Copa o Cee-Zas, clásico da Costa, pero quedouse en case un amigable, a pesares de que os sportinguistas teñen un ollo posto na inminente promoción de ascenso a Primeira Autonómica. Dani Mato, tras recibir unha asistencia 'messiánica', e Josito, de libre directo, pecharon a eliminatoria. Xa no segundo acto, e con meno intensidade, Chapela, desde a frontal, e Rubio, nunha boa xogada, compretaron a goleada zascense.   Castriz 1-5 Soneira Óscar de Maema deu de novo unha lección na medular vimiancesa - Foto: Maca Cuns Óscar de Maema deu de novo unha lección na medular vimiancesa - Foto: Maca Cuns Jota regresou ao que foi seu fogar durante lustros - Foto: Maca Cuns Jota regresou ao que foi seu fogar durante lustros - Foto: Maca Cuns
  • Campo: San Pedro
  • Castriz: Añón, Dani Martínez, Martín, Alejandro, Diego Maneiro, Alberto Mata (Sergio m.78), Fabián (Javi m.77), David Agra, Darío Capelo, Luis (Jose m.52), e Álex Flores
  • Soneira: Anxo (Bonano m.75), Brais Mouzo, Maikel, Alberto, Aarón, Jota (Mayor m.65), Óscar de Maema (Basti m.65), Figueroa (Mario m.65), Javi (De la Sierra m.65), Alberto Vía e Martín
  • Árbitro: Suárez Carnota (A Coruña). Amonestou a Dani Martínez e Alberto Mata do Castriz
  • Goles: 0-1 m.6 Figueroa; 0-2 m.17 Figueroa; 1-2 m.20 Álex Flores; 1-3 m.73 Aarón; 1-4 Basti; 1-5 m.88 De la Sierra
Non descansan un día Non da un día libre aos seus rivais un Soneira que de novo pasou por encima do Castriz (iso si, o marcador engordou nos últimos minutos). Unha volea de Figueroa diante do porteiro acabou coas dúbidas do que se vería en San Pedro, e de novo co mesmo protagonista (tras unha oda ao fútbol ofensivo branco) chegaría o segundo. Esta vez o xoven dos vimianceses anticiparíase nun saque de curruncho. Coa eliminatoria convertida xa nun amigable, Álex Flores non faltou ´ña cita co gol e marcou tras un córner. Houbo alternativas nas dúas porterías nun segundo acto máis relaxado, que deixou o testarazo a gol de Aarón e a sinatura dos 'Delas'. O habitual de cara á meta rival, Basti, aproveitou un pase entre liñas. O case 'virxe', Jose, emulou a Steven Gerrard con obús lonxano á escuadra.   Monte Louro 0-1 Cerqueda De novo competiu ao grande o Cerqueda - Foto: UD Cerqueda De novo competiu ao grande o Cerqueda - Foto: UD Cerqueda
  • Campo: Agra de Filgueira
  • Monte Louro: Fernando (Joaquín m.72), Juan Rey, David, Borja, Pablo Vidal, Adrián, Gelo, Riki, Juan (Sergio m.81), Gabri (Adrián m.51) e Canelo (Edu m.63)
  • Cerqueda: Diego Dourado, Sergio, Brais, Fernando, Dani, Jonathan, Darío, Manu Guillamet, Eloy, Lorenzo e Fernandito
  • Árbitro: Vázquez Penas (A Coruña).
  • Gol: 0-1 m.9 Eloy
O Cerqueda segue en 'modo silencioso' Pouco a pouco e sen facer moito ruido o Cerqueda prolonga a súa tempada. Os bergantiñáns, que xa llo puxeran moi duro ao Louro en Buño, atoparon xusto o que buscaban no comezo, cun bo remate de Eloy. Tentouno con paciencia o cadro local, pero enfronte tivo un rival coas ideas moi claras e que non condeceu demasiados espazos nin oportunidades. Están os de Emilio Uzal no escalón máis alto no torneo do KO, igualando as mellores participacións do clube.   Xallas 5-1 Buño
  • Campo: A Fontenla
  • Xallas: Álvaro, Óscar (Hugo m.53), Pablo Novo, Fernando (Jesús m.59), Camillo (Kevin m.46), Ángel (Martín Barreiro m.59), Juan Fuentes, Iván (Fernando Canedo m.53), Marcos, Víctor Vecino e Coria
  • Buño: Toni (Cristian m.79), Miguel Dourado, Fran Borrazás, David, Trigo, Emilio, Juan Antelo (Dimitri m.59), Gurita, Richard, Víctor e Alexander
  • Árbitro: Recarei Añón (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.33 Coria; 2-0 m.44 Camilo; 2-1 m.66 Richard, de penalti; 3-1 m.74 Jesús; 4-1 m.78 Pablo Novo; 5-1 m.90 Marcos
Sen historia antes da gran historia Un Xallas que xa deixara case todo atado en Xaviña deulle minutos aos canteiráns, no que era a previa da final pola permanencia en Castro de Rei. Ao descaso a eliminatoria estaba solventada, e nin o Buño mesmo pensou demasiado en algo máis que competir dignamente.   Sporting Seaia 0-3 Corcubión
  • Campo: A Pedra Queimada
  • Sporting Seaia: Jesús, Javi, Jorge Parga, Diego, Sergio Cancela, Dani Vilariño (Jose m.53), Elvis, Carracedo, Álex (Adrián Pose m.57), Adrián Parga e Tato
  • Corcubión: Beto, Mario Suárez (Tito m.63), Marcos (Abe m.65), Gabri, Pablo, Sebas, Lema, Samu, Senra, Toja e Jose (Roi m.74)
  • Árbitro: Vázquez Veiras (A Coruña). Amonestou a Carracedo e Adrián Parga do Seaia; Toja do Corcubión
  • Goles: 0-1 m.3 Lema; 0-2 m.44 Lema; 0-3 m.80 Roi
Domingo de remontada Prorroga unha tempada de celebración un Corcubión que foi quen de remontar o desaguisado de Cubaleiro. O heroe do ascenso, Lema, foi de novo fundamental, ao deixar a eliminatoria moi preto da casa cun gol ao inicio e outro no epílogo do primeiro acto. Os visitantes recuperaron as sensacións de hai meses e dominaron e atosigaron ao seu rival. O ex do Dumbría Roi tirou de intelixencia para firmar o terceiro tanto, o do pase.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios