Mércores. 24.04.2024
El tiempo

COPA DA COSTA: xa temos os cuartos de final

COPA DA COSTA: xa temos os cuartos de final
Gran xornada de fútbol costeiro no día das letras galegas, que deciden os oitavos de final da Copa e dan paso ós cuartos, que se presentan moi interesantes. Moita emoción en algún campo no que se decidiron as eliminatorias contra o final dos encontros. En Fisterra, a pesar de que os de Noé o intentaron, a eliminatoria viña moi costa arriba da ida, e o Sofán de Iván Cancela só tivo que aguantar o primeiro tempo para imporse no segundo. No Cairo o Corme puxo o traxe das remontadas, levantou un gol inicial de Manu Nogueira, e o dúo letal Alejo e Lucas deron o pase ós cormeláns. O Camariñas fixo un partido moi digno e venceu a todo un Soneira, que se relaxou co resultado que traían da ida. Sorpresa nas Pedreiras, onde unha gran tarde do dianteiro Xuco, moi motivado polo seu paso pola SD Sofán, doulle o pase a un Coristanco que xa ó descanso ía ganando 0-3. Ese gran primeiro tempo doulle o pase ós de Pensado, que só tiveron que aguantar a vantaxe no segundo tempo. En Zas os goles de Dani Mato e a boa actuación do meta Miki fixo que o Zas remontara o marcador da ida e eliminase a un decepcionante Malpica. O Xallas non tivo problemas co Outes, cunha eliminatoria xa sentenciada da ida, na que puido facer probaturas e reservar xente. En Esteiro gran partido no que a Esteirana remontou nos instantes finais cun gol de Pladur, pois xa se tiña adiantado cun tanto de Josiño Barreiro no primeiro tempo. En Mazaricos o equipo local xogou coa vantaxe da ida, e aínda que o Ponteceso se adiantou no marcador, e tivo opcións para facer o segundo, un tanto de David nos intres finais asegurou o pase para un Mazaricos que agora terá que compaxinar liga e promoción. SD FISTERRA 2 - SD SOFAN 3 1-0 40´Bruno   1-1 54´Raúl   2-1 59´Roco   2-2 64´Juan de Dora   2-3 70´Nacho Moreno CORME CF 3 - MUXÍA CF 1 0-1 22´Manu Nogueira   1-1 41´Alejo   2-1 69´Lucas   3-1 79´Alejo CAMARIÑAS FC 3 - SONEIRA SD 1 1-0 13´Djibril   2-0 15´Djibril   2-1 75´Pichi   3-1 84´Djibril SD SAN LORENZO 2 - SD CORISTANCO 4 0-1 20´Xuco   0-2 32´Xuco   0-3 34´Cristian   1-3 57´Mario   1-4 68´Xuco   2-4 89´Brais Cancela [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/05/18/Gol-do-Coristanco-en-Verdillo.mp4"][/video] SPORTING ZAS 2 - SCD MALPICA 0 1-0 14´Dani Mato   2-0 47´Dani Mato XALLAS FC 5 - OUTES CF 1 1-0 3´Marcos   2-0 58´Doro   2-1 67´Elías   3-1 72´Adrián   4-1 81´Abel   5-1 88´Camilo SD ESTEIRANA 2 - UD CERQUEDA 0 1-0 17´Josiño Barreiro   2-0 85´Roberto Pladur MAZARICOS CF 1 - PUENTECESO SD 1 0-1 75´Dani Cotelo   1-1 89´David

Comentarios