Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Copas Base: Fisterra e Dumbría amosaron o seu poderío

Copas Base: Fisterra e Dumbría amosaron o seu poderío

Zas tamén se convertía na capital do Fútbol Base esta fin de semana. A Copa da Costa vivía as súas finais das categorías cadetes e infantís, e San Andrés disfrutaba de 4 dos equipos que mellor coidando a canteira de todo o fútbol costeiro.

Finalmente Fisterra e Dumbría puideron cos Esteirana e Outes, en dous partidos vibrantes.

Cómpre destacar a tempada do equipo dumbriés infantil, a un paso do ascenso á Liga Galega tras empatar onte a 1 en Boiro, para completar unha campaña impecable.

 

Final Cadete: Fisterra - Esteirana (3-0)

Final da Copa da Costa Cadete Final da Copa da Costa Cadete entre Fisterra e Esteirana en San Andrés
  • Fisterra: Enrique, Ángel (Álvaro, m.65), Diego Martínez (Xan Xixo, m.75), Cristopher, Brais, Manu, Kelvin, Aarón, Diego Castreje (Dieguiño, m.46), Ezequiel (Iván, m.75) e Isaac (Fiz, m.75).
  • Esteirana: Dani (Triki), Rodrigo (Álex), Chaky, David, Kevin, Fran, Xian, Roberto, Jaime, Farinos (Juan) e Carlos.
  • Goles: 1-0, m.6: Isaac; 2-0, m.50: Dieguiño; 3-0, m.75: Aarón.

Púxose pronto o partido de cara para o cadro de Quino. O pichichi Isaac (que marcou 60 goles na tempada) metía aos fisterráns por diante, obrigando á Esteirana a estirar filas. Dominaba o cadro esteirán pero sen profundidade nin definición. Carlos e Jaime si tiveron un par de boas ocasións pero non era o seu día.

Na segunda, o partido estaba tremendamente igualado, pero o gol de Dieguiño xa foi unha lousa demasiado pesada para os blaugrana, que non tiveron reacción. Aarón completou un resultado demasiado abultado para o devir do partido.

Fisterra campion da Copa da Costa Cadete Fisterra, campión da Copa da Costa Cadete  

Final Infanti: Outes - Dumbría (0-2)

  • Outes: Angel, Marta, Mariño, Dani, Perol, Ryan, Josiño, Álvaro, Aarón, Jose Ángel, Siso. Fabio, Adrián, Iván, Ismael e Nicolás.
  • Dumbría: Mario, Carlos (Yerai, m.40), Nacho, Alex Díaz, Samu, Iago (Moisés, m.40), Brais (Xan, m.40), Berto (Lucas Toba, m.40), Nando, Sendón e Lucas Carballo (Iker, m.40).
  • Goles: 0-1, m.66: Iker; 0-2, m.80: Xan.

Partidazo en San Andrés, que comezaba con algo de polémica pola aliñación dun xogador da Serra que fora expulsado a semana pasada pero sen recibir sanción.

O equipo de Carlos saíu a por todas, e nos primeiros 20 minutos tiveron contra as cordas a todo un Dumbría, cunha gran presión forte, aproveitando esa fortaleza que fixo do equipo da Serra un gran potencial. Marta á saída dun córner mandaba un balón ao pau. O Dumbría, con varios xogadores habituais dos 11 no banco gardando forzas para o domingo (partido da ida da eliminatoria definitiva da Fase de Ascenso á Liga Galega Infantil que remataría 1-1 en Boiro), foi meténdose no partido, pero a pesar de non conseguir manter posesións longas pola boa presión dos da Serra, so que comezaba a chegar algo máis á meta rival, e Ángel tivo que empregarse a fondo sobre todo nunha falta directa.

Xa na segunda parte e co Dumbría con todo, o Outes comezou a pasar apuros. Moisés e un gran Lucas Toba, empezaron a dominar máis o encontro, e aínda que non co bo xogo de outras veces, comezaron a chegar as ocasións de perigo. Ocasións que fructificaron cun bo pase entre liñas e o gol de Íker que superaba por abaixo ao porteiro. Unha vez por diante, o Dumbría seguiu dominando e aínda que o Outes, a pesar do cansanzom se achegou un par de veces con perigo (sobre todo unha de Siso) non foi capaz de lograr a igualada. Xa case entrando na prolongación, Xan, cun magnífico golpeo dende fora da área poñía a sentenza que significa a primeira copa infantil para a historia do Dumbría.

O Dumbria campion da Copa da Costa Infantil 2 O Dumbria campion da Copa da Costa Infantil Pablo Conde O Dumbria campion da Copa da Costa Infantil Pablo Conde levou ao Dumbría ao triunfo da da Copa da Costa Infantil  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios