Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Crónica da fin de semana de Reis no Fútbol da Costa

Volantes agradecendo a afeccion dos Rochabillies-Foto-Adriana
Os xogadores do Volantes agradecendo a afección, os Rochabillies de Baño, que non faltaron á cita en Negreira-Foto-Adriana
A Crónica da fin de semana de Reis no Fútbol da Costa

Trouxo algo de fútbol a xornada de Reis no Fútbol da Costa. A xornada sabatina suspendida por mor dun dos temporais de decembro, fixo que moitas competicións se tivesen que retomar antes de tempo, deixando varias cousas interesantes para repasar.

Xornada Preferente e 1ª

O Sofan venceu no Carral

Con varios partidos pendentes da anterior xornada do tempora, a Preferente e a 1ª si que tiñan xornada completa. O sábado, o Xallas caía en Noia e volve sumerxirse no pozo da competición. A nota positiva dábaa o Sofán, golegando a todo un Boiro, 3º na táboa, por 5-1 nunha xornada de xúblio no Carral (na imaxe). Fabián, Juanjo, Raúl, Jony e Carro foron os goleadores da tarde.
Aproveitou o tropezo do Boiro o Fisterra, que volve auparse á segunda praza tras vencer ao Ribadeo con solvencia, nun partido tremendamente serio dos de Ángel Canosa. Capelo e Taboada foron os culpables da vitoria deste equipo que segue facendo soñar á toda a vila do Cristo.

En 1ª, a xornada comezaba o sábado cunha fantástica vitoria do Mazaricos en Riveira. Os de Chicho, sen Dani Fedello na portería por un proceso febril, saíron polo partido, cunha presión alta que daba pronto os seus froitos co gol de Piki a pase de Fano, o segundo, como non, de Viturro, para colocar ao cadro amarelo xa case que na zona noble da táboa. A 2 quedan dun Baio que saíu goleado de Rianxo, nun choque que pode descolgar definitivamente aos de Pablo Torreira da zona de ascenso.
O que volveu perder foi o Soneira, que leva unha soa vitoria dos últimos 5 partidos. Os de Pedro caían ante un rival directo, o Falvia, que queda a só 2 puntos, ficando O Pino por diante de ambos.
Non lle sentou ben o descanso navideño ao Dumbría, que viña de menos a máis pero que caía en Escravitude. Aínda así son só 5 puntos os que o distancian do liderato.
Por abaixo, o Volantes sumaba un puntiño ante o Negreira, pero ve como os Agolada, Piloño e o propio Esclavitud, escapan.

Dous partidos en 2ª e 3ª

Camelle-Corcubion no Rodeiro

O Cee e o Muros protagonizaron o único partido da Liga da Costa, este si dos que fora aprazado no seu día. O empate no San Paio de Refoxos deixa aos dous equipos no medio e medio da táboa.

Máis intenso e vivido foi o empate a 3 no Rodeiro, entre Camelle e Corcubión (na foto). Un empate que deixa a ambos conxuntos ás portas dos postos de promoción, que pelexarán ata o final con Seaia, Laxe e Nantón, tendo o Montelouro unha praza encamiñada.

Moita base

Foi o Dumbría Cadete foi o gran protagonista da xornada ao vencer ao Depor, que chegaba invicto ao Conco. Os dumbrieses, en apenas un mes, pasaron de estar en descenso a batir ao líder, toda unha demostración de superación. Os xuvenís dumbrieses caían e comezan a ter que mirar cara abaixo para non ter problemas.

O sábado disputouse íntegra a xornada 14, aprazada o 21/12. Unha xornada que deixa, como resultado máis destacado, a goleada do Outes ao líder, un Soneira ao que non lle sentou nada ben o parón e que saíu do Cunchido con 5 no lombo. Os da Serra póñense a 3 dos soneiráns, por diante do Sofán (que vencía en Fontenla a un Xallas errático cara gol), e do Cabana (que goleaba ao Malpica). Zas e Corme, que golearon respectivamente a Coristanco e Cee, aínda poderán pelexar polos postos de promoción.

Ademais, en www.futboldacosta.com podedes ver como se completaron as xornadas en Cadetes, Infantís, e de F8.

Novas relacionadas

Comentarios