Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Crónica dominical: O Camariñas tamén perde nunha xornada de emocións de última hora

Deixamos esta completa crónica dominical e avisamos que está xornada non Traeremos crónicas por estarmos en réxime de semi vacacións. Agradecemos a comprensión. 
IMG_20191208_222125
O Malpica venceu ao Zas no último minuto
A Crónica dominical: O Camariñas tamén perde nunha xornada de emocións de última hora

Nova xornada, partida pola ponte, do Fútbol da Costa (todos menos Preferente e Vet.), vivida con emoción no carrusel de www.futboldacosta.com, con goles claves nos minutos finais, que deixa cousas como a primeira derrota do Camariñas, que deixa ao Corme como único equipo invicto do Fútbol costeiro.

A Primeira

IMG_20191208_222300

A xornada comezaba o venres coa derrota, pola mínima e merecendo máis, do Mazaricos de Chicho, ante un dos aspirantes a todo, o Praíña, que recorta co líder. Un Soneira segue mandando na táboa a pesar de sumar o seu terceiro partido sen gañar. Os vimianceses empataban en Rianxo ante o Unión, e suman 2 puntos máis que O Pino, e 3 que o propio Praíña e o Dumbría. O cadro de Pablo Conde superaba un choque con alternativas ante o Rivera un tanto de Rivi sobre a bocina.
Tamén tivo varias fases o choque do Volantes, que tiveron os puntos na man, pero acabaron voltando sen premio ningún de Val do Ulla. O Baio segue na zona morna tras un novo empate.

IMG_20191208_222152

A Liga da Costa

IMG_20191208_222449

Máis líder é o Corme tras vencer a un dos aspirantes, un San Lorenzo que se adiantaba no Cairo co gol de Brais Cancela, pero dous tantos na segunda metade de Sergio Sueiro e un de Lucas deixaban os puntos para o equipo de Lelo. Tamén se adiantaba o Cabana nas Redondas ante o Ponteceso, pero o cadro de Pablo Mallón aproveitou os momentos de dúbida dos de José Manuel tralo empate, cedido en propia. Colocábase 1-3 o Ponteceso e quedaba con 10 pero o Cabana non puido meterlle o dente deparando un 1-4 demasiado abultado para o visto no campo. Completa a, xa terna, de cabeza, a Esteirana, que en 3 arreóns endosou un marcador de tenis ao Cee. Os 3 primeiros abren unha fenda de 5 puntos co cadro de Verdillo
. No seguinte vagón, nin Muxía (que empataba en Lira nun choque onde os locais pediron varias penas máximas), nin Coristanco (que empataba co Baíñas), nin Muros (que perdía cun melloradísimo Castriz), nin o propio Cee conseguían recortar co San Lorenzo.
Por abaixo, dos tres últimos só o Buño sumaba un puntiño no derbi ante o Cerqueda. O Zas sufría outra durísima derrota ante o Malpica cun tanto de David Vilar case que no desconto.

IMG_20191208_222242

3°: Camariñas tamén perde

IMG_20191208_222417

Arrincou a segunda volta e faino coa primeira derrota do Camariñas. Foi o Monte Louro o equipo capaz en batir ao líder, pero tivo que poñerse tres veces por diante para conseguilo. Foi nun partido tenso, trabado, polémico, con moita brega, decidido cun gol de Rapante no m. 90,e a expulsión de Geiko, que deixa tocado ao cadro loureán para a finalísima da semana que vén, ante o Outes, se quere de verdade pelexar polo ascenso directo. Atópase os de Purrúa a 7 puntos de Camariñas e Outes, despois de que o equipo de Miguel Ramos vencese, con solvencia, ao Castrelo, e alcanzase no alto da táboa ao ata onte invicto Camariñas.
Por abaixo cambian as tendencias como o confirma a vitoria dun renovadisimo Corcubión, cos tantos de Lema e Carlos Lojo, ante un Nantón que chegaba con 3 vitorias seguidas. Ademais o Porteño saía dunha serie fatal vencendo ao Camelle noutro intenso derbi camariñá.

FutFem

Importante, e rotunda, vitoria do Cee ante un Unión que ameazaba a posición das de Rafa, que afianzan aínda máis a terceira praza. Non pasaron do empate As Miúdas ante a Arousana B, deixando escapar o vagón de cabeza. As que se aferran ao alto do seu grupo son as de Gueli, un Bergantiños na cuarta praza á só 6 puntos das líderes. O Mazaricos descansaba na Liga F7.

Base

Imporantísima vitoria do Dumbría na Liga Galega Cadete, a terceira consecutiva, que sacan aos de Martín Vecino do descenso.

En Xuvenís, Soneira e Outes volvían gañar e se manteñen arriba, mentres o Sofán sufría unha derrota ante un Cee que vén con forza dende atrás.
En Cadetes, no partido da semana o Fisterra perdeu cos Miúdos deixando aos Xallas e Cabana, que non fallaron, no alto da táboa.
E en Infantís, os 5 de arriba, liderados por un intratable Dumbría, golearon.

Ademais, houbo xornada de F8, agás nas ligas costeiras benxamíns, tendo todas as táboas listas en www.futboldacosta.com.

Comentarios