Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Crónica dominical: Nova xornada intensa

IMG-20191215-WA0009
O Ponteceso venceu á Esteirana nas Redondas-Foto: David Antelo
A Crónica dominical: Nova xornada intensa

Nova xornada do Fútbol da Costa vivida con emoción no carrusel de www.futboldacosta.com.

A Preferente

Só o Sofán sumou os 3 puntos está semana na Preferente, unha vitoria importantísima para os de Alberto Rod. e Cantudo, que saen dunha serie fatal de 7 partidos sen gañar. Son 3 xa as derrotas seguidas do Fisterra, cabreado pola arbitraxe, que baixa ata a terceira praza. Tampouco gañou o Xallas, que volve ao descenso.

A Primeira

Novo derbi costeiro entre Mazaricos e Volantes que deparou unha vitoria amarela, que coloca ao Mazaricos na zona media, e ao muradán en postos de descenso de novo.
O líder, o Soneira, remontou un 0-2 na segunda metade e se mantén aí arriba. Perdeu o Dumbría e o Baio salvou un punto sobre a bocina.

A Liga da Costa

Non falla o Corme, o único equipo invicto do Fútbol costeiro. Puido co Coristanco na Rocheira. Pero o partido da xornada xogábase nas Redondas onde o Ponteceso gañou a Esteirana e volve a superala na táboa. Completa o cuarteto de cabeza o San Lorenzo, que venceu ao Cabana, se ben o Muxía, que superou a un Muros con problemas de efectivos, non acaba de descolgarse.
Por abaixo, a nota máis destacada é a primeira vitoria do Zas ante o Baíñas, saíndo ademais dun descenso directo no que quedan Cabana e Buño.

3°: Un empate

Unha importante final disputábase no Cunchido, pero o empate entre Outes e Monte Louro deixa aberta a loita do cadro de Porrúa polo ascenso directo. O Camariñas vencía e volve quedar líder solitario, mentres os da Serra teñen 7puntos de vantaxe sobre os loureáns.
Na loita pola promoción, Nantón e Laxe pegaron na mesa e o Corcubión confirma a súa candidatura.

FutFem

nova vitoria do Cee, que se afianza entre as 3 de arriba do gr. 3. Non así as Miúdas, que non pasaron do empate e deixan escapar o vagón de cabeza. Polo seu lado, o Bergan tamén vencía un partido apurado e segue no trío de arriba.

Base

En Xuvenís, o Soneira é o gran protagonista ao vencer e aproveitar as derrotas do Outes ante o Xallas, e do Sofán ante o Camariñas (esta a máis inesperada, sendo ademais a segundo do cadro camariñá) para quedar con 6 puntos de vantaxe.
En Cadetes, cambio de líder, pois a derrota do Xallas ante o Cerqueda deixa aos Miúdos no alto da táboa.
E en Infantís, os de arriba, liderados por un intratable Dumbría, venceron, e só o Cee caeu no duelo de favoritos ante o Xallas.

Ademais, houbo xornada de F8, agás nas ligas costeiras benxamíns, tendo todas as táboas listas en www.futboldacosta.com.

Veteranos

Volveu a competición de Veteranos, e na D. H., dos 4 de arriba, só o Dumbría, capaz do mellor, non conseguíu a vitoria.

Comentarios