Martes. 19.11.2019
El tiempo

A crónica dominical: O Ponteceso asalta o liderato

Menudo carrusel dominical cheo de emoción o que vivimos en www.futboldacosta.com que nos deixa moitas cousas que analizar.

O Ponteceso profanou As Pedreiras-Foto-Brais Pose
O Ponteceso profanou As Pedreiras-Foto-Brais Pose
A crónica dominical: O Ponteceso asalta o liderato

Tiña a fin de semana un doble foco de atracción na Liga da Costa. 1º e 2º por un lado e 3º e 4º enfrontaban as súas forzas, e viviron fermosos partidos de ida e volta, que deixan ao Ponteceso no máis alto. O cadro de Pablo Mallón superaba ao ata onte líder, San Lorenzo, en Verdillo, e se alza ao mando da táboa, cun punto sobre o propio de Santi Cambón, o Corme e o Muros. Os de Lelo conseguían remontar un 0-2 ante a Esteirana, mentres que o Muros e Coristanco se afianzan como gran sorpresa colándose nos postos de arriba tras vencer ao Malpica e o Cee.

O branco é a cor da fin de semana pois o Soneira tamén segue de líder da 1ª tras superar un complicado partido en Agolada. O resto de equipos viviron de todo. O Dumbría goleaba e se coloca xa moi arriba, comezando a soñar en serio con volver á Preferente. O Baio empataba co Lalín facéndolle perder dous puntos que lle veñen moi ben ao líder. O Volantes sumaba o 4º empate (xa son 7 partidos sen gañar) noutro choque no que mereceu máis. E o Mazaricos caía na casa e queda tocado, trala marcha, ademais de Amoedo, de Stefan, que marcha á 3ª División.

O verde é a outra cor da fin de semana, pois o Fisterra segue enchendo de ilusión a vila do Cristo, goleando e convencendo á súa afección de que este ano pode ser máis histórico se cabe. Polo demais, o Sofán volvía á senda da derrota, unha senda na que parece enfangado o pechacancelas Xallas.

Xa na 3ª, máis do mesmo, Camariñas ao seu, o Outes mantense a certa distancia e Camelle e Porteño van facendo ben os deberes e aínda non coñecen a derrota.

Futfem

Na 2ª Feminina, o Cee e o Bergan sumaban boas vitorias que as manteñen na zona noble, pero as Miúdas sucumbían e Rianxo e baixan posicións. As que tamén perderon, case antes de saír, foron as do Mazaricos, que se confiaron demasiado.

De base

Fermosa está a Liga Xuvenil. Descansaba o líder, Seaia, e Soneira e Outes (os outros dous equipos invictos) aproveitaron para adiantalo./p>

En Cadetes mandan 4 equipos: Xallas, Fisterra, Sofán e Cee, sendo o primeiro o único que non coñece a derrota.

Na Liga Infantil son 3 (Dumbría, Cee e Os Miúdos) os lanzados, con 5 vitorias en 5 partidos.

Ademais os 4 tolos grupos de Alevíns e Benxamíns seguen avanzando.

Veteranos

Non perde comba o Zas no alto da táboa da D.H., pero San Román, Dumbría e San Lotenzo xa están aí colocados. Ara Solis e Leiloio mandan en 1ª.

Novas relacionadas

Comentarios