Xoves. 25.04.2024
El tiempo

De Copa, de arrastres e de fases de ascenso aprazadas

De Copa, de arrastres e de fases de ascenso aprazadas
A SD Sofan afronta o ascenso a Preferente ante o Mino-Foto-SD A SD Sofan afronta o ascenso a Preferente ante o Mino-Foto-SD

Arrincan os Oitavos da Copa da Costa (xa temos os horarios actualizados das Copas e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com e das competicións ligueiras aínda en xogo en www.futboldacosta.com)e, para variar, varios equipos vense afectados por ter que xogar doble partido. Todos pendentes ademais, dos devanditos arrastres, que teñen a 4 equipos en vilo, e que poden provocar nada menos que 11 descensos no Fútbol da Costa este curso.

A xornada vén completita. Por arriba, todos pendentes do Xallas, que recibe a un Viveiro sen nada en xogo, en horario unificado, domingo ás 18:00h. O cadro xalleiro espera ademais un favor dos veciños dumbrieses, que visitan a un rival directísimo, a Sarriana.

Na Fase de Ascenso á Preferente, o Sofán recibe ao Miño o sábado ás 19:00h no Carral, nunha eliminatoria a ida e volta, que definirá o equipo que ascende. Co Sofán, están tifando o Outes e mais o Coristanco, pois o seu ascenso pode significar a permanencia de ambos.

A Promoción de 2ª quedou suspendida por agora por unha reclamación presentada polo San Mamed ante unha decisión da Federación de expulsar a un equipo da zona de Santiago (6 meses despois da infracción de non presentarse a 3 partidos), dando por inválidos os puntos dese equipo en toda a segunda volta. Unha decisión que deixa fóra ao San Mamed e que colocaría no sorteo ao Belvís. Zas e Bastavales esperan rival. Ata o vindeiro luns, o cadro zaense non saberá nada.

Na 3ª, Corcubión e Muxía xogaranse no Cubaleiro o ascenso á Liga da Costa. Menuda final.

Na Base

Se ben aínda quedan os Dumbrías das Ligas Autonómicas, en Liga os Alevíns e Benxamíns do Norte, toca tamén a volta dos Oitavos da Copa da Costa Cadete e Infantil.

Os que xa comezan son os equipos da Fase de Ascenso ás Liga Galegas. Xallas e Cee en Xuvenís, Fisterra e Xallas en Cadetes (o Corme renunciou) e Dumbría en Infantís, comezan a invasión das Ligas Autonómicas. Esta fin de semana varios teñen xa doble partido. Teñen todo en www.copadacosta.com.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios