Sábado. 28.03.2020
El tiempo

Estes son os premiados pola RFGF na Gala do Sorteo da Copa da Costa

  • O cadro da Copa da Costa 2020 estará ao momento en www.copadacosta.com.
Pati, a capi das Miúdas, será unha das premiadas pola RFGF
Pati, a capi das Miúdas, será unha das premiadas pola RFGF
Estes son os premiados pola RFGF na Gala do Sorteo da Copa da Costa

Este sábado, o pioneiro modelo de Sorteo da Copa da Costa instaurado dende o ano pasado, visita o Muíño do Pozo de Cachón, en Muros. Unha cita que ademais de para perfilar os cadros das competicións masculina e feminina, servirá para que a RFGF faga entrega dos Premios “Paixón polo Fútbol da Costa”.

O ano pasado os premiados foron a xogadora da Serra Marta Calvo, Doro, Manín, Manolín, e os xornalistas Jose Manuel Ferreiro, Fran Hermida e Ubaldo Cerqueiro (QPC). Este ano, o ente federativo quere facer o seu recoñecemento a José Antonio Sarmiento Lamela, a Venancio Paris Paris, a Patricia Estévez Pérez, a María Francisca García Romero "Pacucha" e a Jorge Parri.

José Antonio Sarmiento Lamela para recoñecer a súa traxectoria dedicada ao fútbol da Costa. Foi subcampión da Copa da Costa coa Esteirana e cinco veces consecutivas máximo goleador da liga cando militaba no Muros. Agora, xa como adestrador, transmite os seus coñecementos aos nenos das categorías base da Escola Deportiva Os Miúdos.

A Venancio París París, en recoñecemento a unha traxectoria dedicada ao fútbol da Costa, sendo xogador do Muros durante toda a súa carreira deportiva.

A Patricia Estévez Pérez, en recoñecemento a unha traxectoria dedicada ao fútbol da Costa, sendo a parte do equipo feminino da ED Os Miúdos (As Miúdas). Continúa en activo como xogadora, este ano como capitana ademais, e xa se estreou tamén como adestradora dirixindo ás categorías base do club.

A María Francisca García Romero "Pacucha”, en recoñecemento a unha traxectoria dedicada ao fútbol da Costa, sendo unha das pioneiras do fútbol feminino en Muros e na comarca. Formou parte do primeiro equipo feminino do Concello de Muros na tempada 69-70 e segue vencellada ao fútbol como incansable colaboradora da SD Esteirana.

E a Jorge Parri, en recoñecemento á súa “extraordinaria labor de promoción e difusión do fútbol da Costa a través da súa tarefa informativa e divulgativa, deixando para o recordo miles de imaxes que forman parte da historia do noso fútbol”.

Novas relacionadas

comentarios