Martes. 16.04.2024
El tiempo

F8: Camariñas e Os Miúdos, álzanse co título de campións Prebenxamíns

Os Prebenxamins do Camarinas campions da Liga Norte
Os Prebenxamíns do Camariñas proclamáronse campións da Liga Norte
F8: Camariñas e Os Miúdos, álzanse co título de campións Prebenxamíns

Queda unha xornada para o remate das Ligas de Prebenxamíns. Pero xa temos os dous campións. Camariñas, no norte e Os Miúdos no Sur, son os novos campións.

O Camariñas, equipo dirixido por Saviola vencía a finalísima no Carral, con 4 goles do pichichi Ángel, ante un Sofán que estaba a só 3 puntos. Non perderon ningún partido os camariñáns e só se deixaron 2 puntos ante o Cerqueda.

Semellantes son as cifras dos Miúdos de Bibi, sendo un dos equipos máis goleadores de todas as categorías. Os muradáns venceron ao Xallas nesta penúltima xornada, e malia ter só 3 puntos máis que o Cee, téñenlle o golaveraxe individual gañado (gañaron en Muros e empataron en Cee) polo que se proclaman campións.

Os Miudos Prebenxamin

Novas do álbum

Comentarios