Martes. 19.11.2019
El tiempo

As Fases de Ascenso á 1ª e ás Ligas Galegas xa en www.copadacosta.com

O Corme Xuvenil rexeitou participar e será o Fisterra o segundo representante costeiro

A Fase de Ascenso á 1ª Autonomica está sempre actualizada en www.copadacosta.com
A Fase de Ascenso á 1ª Autonomica está sempre actualizada en www.copadacosta.com
As Fases de Ascenso á 1ª e ás Ligas Galegas xa en www.copadacosta.com

Este pasado martes tivo lugar na RFGF o Sorteo das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas de base e da Fase de Ascenso á 1ª Autonómica.

Unha fase de Ascenso á 1ª na que participa un Volantes nun excelente estado de forma con seis vitoria seguidas nas últimas xornadas. O cadro de Baño descansará a primeira xornada e terá que pelexar con Cacheiras e Villestro pola única praza de ascenso. Con Volantes tifarán o Cee, pois en caso de que Esteirana ou Soneira descendesen, o ascenso do Volantes permitiría a súa permanencia; emais o Porteño, porque no caso de que non descendese ningún equipo costeiro da 1ª, o ascenso do Volantes provocaría a súa volta á Liga da Costa.

Esta semana xa comezan así a doble competición, pois arrinca de novo a #CopadaCosta.

Fútbol Base

Que complicados son os cadros das Fases de Ascenso ás Ligas Galegas que xa comezan esta fin de semana. Como detalle importante, o Corme Xuvenil rexeitou participar polo que será o Fisterra o que represente á Liga da Costa.

Os campións dos nosos grupos (Os Miúdos en xuvenís, Concello de Zas en cadetes e Cee en infantís) terán que superar para ascender a Previa Coruña-Costa a partido único. Unha fase previa que se xogarán en Laracha (a Xuvenil), en Ponteceso (a Cadete) e en Sofán (a Infantil). Se perden volverían a Oitavos, e se gañan terían que superar outra eliminatoria a doble partido para ascender. No caso de perder nesa segunda eliminatoria, o Dumbría quedaría eliminado pero Os Miúdos e Zas volverían a Cuartos.

Os segundos (Fisterra en Xuvenís, Outes en Cadetes e Dumbría en Infantís) aínda o teñen máis complicado. Terán que superar ata 4 eliminatorias (a previa a partido único e 3 máis a doble partido) para ascender.

Os cadros completos, e sempre actualizados, xa os tendes en www.copadacosta.com, se ben aquí deixamos os oficiais:

Fase de Ascenso a Liga Galega Xuvenil 2019

Fase de Ascenso a Liga Galega Cadete 2019Fase de Ascenso a Liga Galegas Infantil 2019

Comentarios