Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Fernando Vázquez vén a Vimianzo a unha xornadas formativas do Comité Galego de Adestradores

XORNADAS-COMITE-VIMIANZO-02-20
Fernando Vázquez vén a Vimianzo a unha xornadas formativas do Comité Galego de Adestradores

Fantásticas as Xornadas formativas que o Comité Galego de Adestradores da Real Federación Galega de Fútbol  está a organizar en Vimianzo. A subdelegación da Costa, da man de Manuel Corredoira, consegue traer o vindeiro uns día 3 de febreiro a partir das 20 horas na Casa da Cultura de Vimianzo ao adestrador do RC Deportivo Fernando Vázquez. Estará acompañado do presidente do club, Fernando Vidal, e o director da canteira Alberto Gil.

Todos os interesados/as en asistir a esta xornada deberán inscribirse obrigatoriamente a través da ligazón que figura na páxina web da Real Federación Galega de Fútbol.

O encargado de abrir a xornada será Albert Gil. "Da ilusión á profesión" é un relatorio co que pretende narrar a súa experiencia no mundo do deporte rei centrado nas categorías inferiores.

 


 

Comentarios