Venres. 19.04.2024
El tiempo

FF: Alegría por partida doble

FF: Alegría por partida doble
Quedouse curto o resultado logo do visto en Os Pinares, cun Bergantiños que demostrou que non está acertado de cara a gol, con dous disparos ao pau e varias ocasións claras erradas. Aínda así, os tres puntos viñeron para Carballo e as de Gueli afiánzanse na 6ª posición, abrindo unha fenda co 7º.

Polo sur da bisbarra, nin as baixas nin o vento lle impediron ás Miúdas reencontrarse coa vitoria. Tres puntos que meten ás costeiras na 3ª praza, empatadas co Xuventú Aguiño, despois de que estas caeran ata o implacable líder, Chispa. Polo medio queda aínda un potente Concello de Boiro.

 

2ª Galicia, Gr.3, xornada 12

  • Resultado: Bamio - As Miúdas (1-3)
  • As Miúdas: Laura, Paula, Isa, Martina, Antía, Leti, Sara, Sandra, Bárbara, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: María de Pastora, Marí Dosil, Marta, Iria e Lucía.
  • Goles: 0-1, m.2: Bárbara; 0-2, m.15: Bárbara; 1-2, m.30; 1-3, m.73: Antía.

As baixas obrigaron a Laura para asumir a responsabilidade de axudar ás súas baixo paus. Pero o equipo souba arroupala, adiante e atrás. Non tardou Bárbara en abrir o marcador finalizando con efectividade unha xogada tras un balón ás costas da súa marca, cando se cumplía o minuto 2. Pero co vento en contra as de Muros non vían claridade para levar máis perigo por abusar ás veces de balóns en longo. Si facían dano cando o balón pasaba polas botas de Sandra e Sara, que lle daban pausa e xeito a cada xogada que creaban en liña de tres cuartos.
O 0-2 chegaría nunha recuperación de Bárbara na liña do medio, e tras galopar e zafarse por banda de 2 rivales fusióu a porteira local dende o vétice da area pequena.

Pero a pesares do dominio as “rosinejras” non atopaban comodidade no campo, e e nun córner ben botado que contou coa axuda do forte vento viron como o balón se colaba polo segundo pau sin que Laura puidera evitar o 1-2.

Na reanudación, lonxe de aproveitar o vento a favor as visiantes vían como o exceso de prisa mandaba os balóns en longo por fora da liña de fondo. A mellor ocasión foi un libre directo desde a frontal que Sandra mandou fora pero lamendo a escadra. Seguían levando o xogo en campo rival as de Muros e froito da insistencia chegou o 1-3, sería a capi Antía, a que encganchou un despexe dende 30 metros.

 Mery autora do golazo do Bergan Mery autora do golazo do Bergan

2ª Galicia, Gr.2, xornada 12

  • Resultado: Brexo Lema - Bergantiños Feminino (0-1)
  • Bergantiños: L. Sanches, Rabuñal, Paula, Seo, Sabrina (Martasa, m.65), Lore, Torrado, Noe, Mery, L. Canosa (Ale, m.60) e Isa
  • Gol: 0-1, m.65: Mery marca un golazo dende lonxe.

Empezaba o partido co Bergan ben colocado e con intención de levar a iniciativa no xogo ante un rival inferior, pero as locais aproveitaban o forte vento para achegarse á portería de Lara Sanchez, pero esta estaría moi segura durante todo o encontro. O forte vento en contra dificultaba moito o ataque das carballesas, pero as ocasións visitantes foron chegando por medio de Mery en dúas ocasións e Isa, ata esta estrelo o balón ao pau nun man a man coa porteira. Sen goles acabou a primeira parte.

Trala reanudación e co vento a favor, as carballesas acurralaron ás cambresas no seu campo e era Mery a que adiantaba ao Bergan cun golazo desde 25 metros que se coaba como un misil por toda a escuadra. As ocasións seguían chegando e nuevamente Mery ao pau, Isa, Lore e Noe non eran capaces de ver portería.

 

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/ff-unha-xornada-marcada-polo-25n/ “FF: Un empate por exceso de relaxación e outro por falta de puntería” — Que pasa na costa  

Toda a info do Fútbol FSF costeiro

Comentarios