Sábado. 16.11.2019
El tiempo

FF: Buscando o liderato

FF: Buscando o liderato
As Miudas celebrando un gol ao Xuv Aguino-Foto-Chema Caamano As Miúdas celebrando un gol ao Xuv Aguino-Foto-Chema Caamaño

Pisando os talóns do Chispa atópanse unhas Miúdas que suman a súa 7ª vitoria en 8 partidos. De feito, só as líderes foron quen de superar a unhas xogadoras muradáns que aspiran a todo nesta segunda campaña en competición.

As que seguen sen coller a velocidade de cruceiro son as do Bergantiños, que volvían caer ante o Abellá, un dos equipos fortes do seu grupo, a pesar de facer méritos para levar algo máis do campo de Frades.

 

2ª Galicia, Gr.3, xornada 8

  • Resultado: As Miúdas - Xuventú Cambados (6-2)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Isa, Martina, Antía, Noelia, Laura, Leti, Bárbara, Ainoa e Pati. Tamén xogaron: Sandra, María de Pastora, Marta, Iria e Lucía.
  • Goles: 1-0, m.22: Laura; 2-0, m.35: Bárbara; 3-0, m.30: Bárbara; 4-0, m.50 Pati a pase de Sandra; 5-0, m.55: Leti a pase de Sandra; 5-1, m.60; 6-1, m.70: Marta; 6-2, m.80.
As Miudas venceron ao Xuv Aguino-Foto-Chema Caamano Foto-Chema Caamaño

Partido moi serio dunhas Miúdas que van gañando en confianza en cada encontro,. Desta volta fixeron ante a súa afección os mellores 45 minutos no que vai de temporada cunha presión alta sobre un Xuventú Cambados que se víu acorralado no seu campo en toda esta primeira parte sin ter ningunha ocasión na area de Yaiza.

Prnto chegarían as primeiras ocasións de Ainoa e Bárbara, pero a porteira visitante as desbarataba. Nada puido facer ante o zurdazo de Laura aos 22 minutos, que colaba un rexeite pola escuadra abrindo a lata. E vaia que a abriu, porque en 10 Bárbara xa conseguira dous novos tantos que deixaban claro o partido para as locais.

Na segunda as “rossinejras” seguían embestindo, gañando ademais calidade cos pases de Sandra, destacada na mañá de domingo, saían pases sempre perigosos como o que acabou rematando Pati para o 4-0 e Leti para o 5-0. Co choque sentenciado calmouse un pouco o xogo, as locais desaxiustaron as marcas e as visitantes chegaron á meta maquillando o marcador.

Miudas-Aguino-Foto-Chema Caamano Foto-Chema Caamaño  

2ª Galicia, Gr.2, xornada 8

  • Resultado: Abellá - Bergantiños (3-0)
  • Bergantiños: Lara Sanchez, Rabuñal (Eva, m.65), Seo, Martasa, Sabrina, Fra, Lore, Mery, Torrado, Isa (Jessi, m.75) e Tamy.

Malia o que reflicte o marcador as xogadoras do Bergantiños fixeron méritos para levarse algo máis ante un bo equipo moitísimo oficio, e que se mantén na 2ª praza do grupo. Ata o minuto 80 de partido o resultado era de 1-0 e o Bergantiños gozaría de varias ocasións para empatar. O segundo gol das locais sería un autentico jarro de auga fría para as carballesas.

Empezaba o partido cun bo Bergantiños plantado en defensa, sabedor do potencial ofensivo das locais, sobre todo a máxima goleadora da liga nas últimas tempadas, Tamara Varela. O primeiro despiste da zaga carballesa aproveitaríao a goleadora Tamara para anotar cun trallazo case sen ángulo, no minuto 26. Non trastornaba este gol o traballo das xogadoras de Gueli, que seguían facendo un partido moi serio. Ata Tamy no 35 e Mery no 40 estiveron a piques de empatar antes do descanso.

Os segundos 45 minutos transcorrían igual que a primeira parte, orde defensiva das visitantes e un Abellá que vía desbaratados todos os seus achegamento a portería grazas á defensa e á boa actuación de Lara sanchez baixo paus. Mediada a segunda parte Mery apunto estaría de empatar, pero o seu disparo disparo desde a frontal íase fóra por moi pouco. No minuto 80 Laura Raña facía o segundo para o Abellá ao aproveitar un despiste defensivo, e este gol sería un auténtico mazazo para as carballesas que vían escapar un partido no que ben merecesen algo máis. Case no desconto e coas xogadoras de Gueli envorcadas na portería rival, chegaría o terceiro gol local nunha contra.

 

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/ff-as-miudas-so-miran-cara-arriba/

Comentarios