Venres. 19.04.2024
El tiempo

FF: Despedida inmellorable á primeira campaña Miúda da historia

FF: Despedida inmellorable á primeira campaña Miúda da historia
As Miudas no Eleuterio Balayo As Miúdas nun cheo Eleuterio Balayo na súa despedida á primeira temporada Queda unha xornada, pero a cita desta fin de semana foi a dunha emotiva despedida na casa, no Eleuterio Balayo, a unha inmellorable temporada de estrea para a familia das Miúdas. Unha despedida á que non fallou a afección nin as bravas xogadoras costeiras, que lle brindaron unha vitoria afianzando unha impresionante 6ª praza. As carballesas caían ante as campionas na súa despedida en casa, pero teñen asegurada unha estupenda 8ª praza.  

2ª División, Grupo 2, xornada 25

  • Resultado: Os Miúdos - Carral (3-0)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Gala, Isa, Martina, Laura, Antía, María, Sara Cubelo, Bárbara e María Dosil. Entraron: Pati, Julia, Melodi, Irea e Lucía.
Despedida idílica a que viviron as Miúdas esta pasada fin de semana no Eleuterio Balayo. Só faltaron as lesionadas, porque a afección (mesmo afeccionados unidos de Volantes, Montelouro, Esteirana e Muros) respondeu arroupando ás bravas xogadoras costeiras premiándoas por esta gran primeira temporada en competición. Ademais, as muradás dominaron todo o partido. Non puideron romper a igualada na prieira ocasión, a pesar das ocasións de María, que dou un recital, de Bárbara, de Sara Cubelo ou de María Dosi. Pero si chegaron os goles na segunda. A entrada de Patri abría a fenda da portería rival, xa cando só quedaban 20 minutos. Pouco despois Gala sacaba o seu “canonazo” para facer o segundo a balón parado, e antes do remate Pati facía o terceiro. A temporada pecharase en Betanzos, pero este equipo xa pensa en futuro, paladeando o que foi unha primeira e inmellorable tempada da súa historia.

2ª División, Grupo 1, xornada 29

  • Resultado: Bergantiños - Pastoriza (0-2)
  • Bergantiños: Lu, Rabuñal, Sabrina (Eva 35), Lore, Paula, Noe, Canosa, Lijó, Isa (Lydia 80), Tamy e L. Cambón (Fariña 75)
Presentábase o Pastoriza como flamante campéon de liga e non dubidaron as carballesas mozas en facer o corredor de honor. O partido estivo condicionado pola explulsión de Lara no minuto 60. Os primeiros 45 minutos foron moi igualados cun bo Bergantiños en todas as facetas do xogo, aínda que algo espesas en ataque. Poucas ocasións en ambas porterías e con empate a ceros chegaríase ao descanso. Na segunda partelos dous equipos estiraríanse algo mais en ataque e ocasións empazaban a chegar aínda que sen moito perigo.No minuto 55 Alba anotaba o 0-1 para as visitantes, ysu gol número 60 no campionato, ao aproveitar unha das poucas ocasións das que dispoñería. Poucos minutos despois o árbitro veríase obrigado a expulsar a Lara Rabuñal ao zancadillear a unha rival cando se ía soa a portería. Con dez xogadoras as carballesas xuntaríanse moito mais e ata dispoñerían dalgunha ocasión, pero finalmente a Alba, a pichichi da liga, anotaba o definitivo 0-2 a poucos minutos do final.

Crónicas da tempada do Fútbol Feminino

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios