Venres. 29.03.2024
El tiempo

FF: Un empate por exceso de relaxación e outro por falta de puntería

FF: Un empate por exceso de relaxación e outro por falta de puntería
Celebrando un dos goles das Miudas-Foto-Chema Caamano Celebrando un dos goles das Miúdas ante o Santiso-Foto-Chema Caamaño Sendos empates colleitaron as nosas xogadoras, pero por diferentes razóns. Reparto de puntos na visita das Miúdas o campo da Lanzada nun partido con altibaixos no que as de Muros pagaron cara a súa apatía despois do primeiro gol e casi lle costa a derrota. Pola contra, o Bergantiños non tivo sorte o pasado domingo. Poucas veces veranse partidos nos que un equipo teña tantas ocasións de gol e lévese só un punto dun campo moi complicado, e contra un bo rival e coas ideas moi claras e que vería plasmada a súa efectividade no único tiro a portería en todo o partido. Co agrio empate o Bergan de Gueli mantense nunha cómoda 7ª posición, moi lonxe dos dous equipos de cabeza e cunha lixeira marxe cos de abaixo.  

2ª Galicia, Gr.3, xornada 10

  • Resultado: Noalla - As Miúdas (2-2)
  • As Miúdas: Yaiza, Gala, Paula, Isa, Martina, Antía, Leti, Noe, Ainoa, Bárbara e Pati. Tamén xogaron: Sara, Marta, Sandra, María Dosil e Lucía.
  • Gol: 0-1, m.18: Bárbara; 1-1, m.30; 2-1, m.54; 2-2, m.90: María Dosil.
Barbara volveu marcar cas Miudas Bárbara volveu marcar cas Miúdas-Foto-Chema Caamaño Os primeiros 20 minutos foron un auténtico recital ofensivo do cadro muradán onde só a falta de acerto cara a meta impediron ver un resultado máis claro o descanso. Antes do gol, as ocasións sucedíanse tras precisas combinacións levadas dende a medular pero Bárbara en 2 ocasións, Ainoa noutra moi clara e Noe en varios disparos atopáronse nunhas veces coa boa gardamallas local e outras os disparos saían desviados. No minuto 18 a pichichi de Esteiro atopou a ansiada recompensa finalizando unha bonita xogada colectiva iniciada por Leti. Pero tras o gol chegaron as sombras e o arreón das de Sanxenxo. Como si se quixera facer a guerra de maneira individual pasouse a complicar os pases, a abusar de conduccións innecesarias, e cunha preocupante falta de criterio á hora de mover o balón. E as de Noalla aproveitaron o seu momento, un gran despiste na medular que non replegaron a tempo, sumado a que a zaga non estivo coa concentración do inicio, veu como Silvia, que xunto a súa porteira foron as destacadas do encontro non perdonaría ante unha Yaiza que non dou saido a tempo, 1-1 no minuto 29. Seguía o encontro cunhas Miúdas excesivamente incómodas no tapete que topaban pola contra un aguerrido equipo que gañaba tódolos balóns divididos e se posicionaba mellor no campo, peor non levaban excesivo perigo á area visitante a pesar do dominio co que se chegaría o descanso con taboas no marcador. E lonxe de saír de vestiarios coa lección aprendida foron as locais as que deron un pasiño adiante buscando mellor sorte, así, nun saque de curruncho moi ben botado, novamente Silvia, libre de marca no borde da area pequena remataría a pracer sin que Yaiza pudese evitar o 2-1 tras 10 minutos de dominio. Cheas de nervios as “rossinejras” converteron o choque nun ida e volta, con máis ocasións visitantes pero cunhas locais que puideron sentenciar. Cando a sensación de tedio facía crer que o patinazo sería definitivo apareceu un centro de Noe no que María Dosil picaba de maneira impecable para que Nuria desta volta non puidera evitar o empate cando se chegaba o minuto 90. Aínda ca épica na cebza, Noe e Bárbara puideron decantar o choque para as visitantes, no que sería unha vitoria en todo caso inmerecida. As muradas pediron penalti nesta xogada-Foto-Chema Caamano As muradás pediron penalti nesta xogada-Foto-Chema Caamano

2ª Galicia, Gr.2, xornada 10

  • Resultado: Santiso - Bergantiños (1-1)
  • Bergantiños: L. Sánchez, Eva (L. Rabuñal, m.60), Paula, Seo, Sabrina, Lore, Torrado, Mery, Canosa (Noe, m.65), Isa (Ale, m.75) e Tamy.
  • Goles: 1-0, m.25; 1-1, m.17: Laura Torrado dende 25 metros.
Os primeiro minutos foron de tenteo pero Tamy tería a primeira ocasión. Aos 15 minutos as locais adiantábanse por medio de Alexandra ao transformar unha falta desde a frontal. Pouco duraría a alegría para o Santiso porque Laura Torrado empataba cun auténtico golazo desde 25 metros. As ocasións seguían para as carballesas pero nin Tamy nin Isa ao rematar un córner foron capaces de adiantar ao Bergan. A segunda parte foi de dominio total e absoluto das xogadoras de Gueli e o Santiso non dispararía a portería nin unha soa vez. As ocasións eran bastante claras para as carballesas e Tamy, Isa, Mery e Lore vían como falta de puntería e a porteira local Tamara desbarataban toda ocasión de perigo. Ao final o balón non quixo entrar e o marcador non se movería, co sabor agrio de non traer os tres puntos para Carballo ante un equipo que só tirou unha vez a portería.  

Toda a info do Fútbol Feminino costeiro

https://quepasanacosta.gal/ff-delirio-sobre-a-bocina/ “FF: Buscando o liderato” — Que pasa na costa

Comentarios