Luns. 18.11.2019
El tiempo

Esta fin de semana remata a primeira fase de F8 e comezan as Ligas de LCFS

O Fisober foi o campión Alevin das LCFS do ano pasado
O Fisober foi o campión Alevin das LCFS do ano pasado
Esta fin de semana remata a primeira fase de F8 e comezan as Ligas de LCFS

Se ben a Liga Prebenxamín terá que esperar ata, seguramente o 28 de novembro, tralas baixas de última hora de Malpica, Fisterra e Os Miudos B, as categorías Alevín e Benxamín terán as súas primeiras finais esta fin de semana. As complicadas Ligas de F8, que teñen o punto de mira na Fase Galega, rematan esta fin de semana a primeira fase, despois de 5 xornadas.

Os primeiros de cada un dos 4 grupos xogarán unha Fase Final o vindeiro 17 de novembro, e os dous que gañen as semifinais representarán ao Fútbol da Costa na Liga Comarcal. Unha Liga Comarcal de 12 equipos con equipos da Coruña e As Mariñas

O resto de equipos xogarán unha nova Liga Costeira ata final de temporada.

 

Arrincan as Ligas de F8

As Ligas Comarcais de Fútbol Sala, que organiza o Club Deportivo Costa da Morte póñense en marcha xa.

Este venres 8 de novembro, como podedes ver xa en www.futboldacosta.com, dan comezo as dúas categorías, Alevín e Benxamín. Son 10 os equipos que compiten nestas LCFS mixtas, dende Ponteceso ata Carnota, pasando por Vimianzo, Camariñas, Muxía, Cee, Corcubión ou Fisterra.

Novas relacionadas

 

Comentarios