Domingo. 20.10.2019
El tiempo

Finais da Copa: O Xallas álzase cun novo título tras vencer, nos penaltis, ao Sofán

Finais da Copa: O Xallas álzase cun novo título tras vencer, nos penaltis, ao Sofán
O Xallas campion da Copa da Costa O Xallas campión da Copa da Costa O Xallas conseguía un novo título da Copa da Costa tras vencer na quenda de penaltis á SD Sofán. Fíxoo nunha mediátiva final ante a mirada de máis de 1.700 persoas nas bancadas do Platas Reinoso de Baio e de milleiros de espectadores pola TVG2, polas ondas da Radio Nordés e polas rrss de Que pasa na Costa. O partido foi moi tenso, con predominio das defensas sobre os ataques ata o punto de que os dous goles, primeiro do Xallas a 15 do final, e despois do Sofán, no m.95, foron acadados polos centrais de ambos conxuntos (Dani Becerra e Félix Garrote). Despois dunha prórroga sen riscos a quenda de penalti decidiu o campión. Fallou o segundo penalti Álex Canedo (parou o meta sofanidta Javi Rumbo) e Sera tivo o título para o Sofán, pero parpu Julián e Doro mandou a quenda ao 6º penalti. Fallou aí Ivàn Canedo e o latetal xalleiro Pablo Vigo marcou dando o título ao cadro verde. https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1678412928944024/ O Platas Reinoso ca final da Copa da Costa 2018 O Platas Reinoso petao na final da Copa da Costa 2018 Mañá traeremos unha crónica máis completa.

Comentarios