Xoves. 25.04.2024
El tiempo

FutFem: Comezo de ano dispar para os dous equipos costeiros

FutFem: Comezo de ano dispar para os dous equipos costeiros

Partido das Miudas Partido das Miúdas

Arrancaron as Miúdas o 2019 cunha clara victoria na súa visita a Vilagarcía, manténdose nunha máis que cómoda 4ª praza. Non tivo tanta sorte o Bergantiños que perdeu un partido que puido empatar nos últimos instantes, e que deixa as de Gueli na 7ª praza da táboa para comezar o ano.

2ª División, grupo 3, xornada 15

  • Resultado: At. Arousana B - As Miúdas (1-7)
  • As Miúdas: Yaiza, Paula, Gala, Antía, Isa, Laura, Noe, Leti, Ainoa, Bárbara e Pati. Tamén xogaron: Lucía, Marta, Iria e Sandra.

Choque das Miudas

As de Muros dominaron o encontro cas liñas moi adiantadas e o xogo levouse en campo rival na maior parte doa minutos de partido. As arousanas víronse superadas pola verticalidade rival pero ainda así plantaron cara en todo momento sin rifar balóns e intentando dar criterio as súas posesións.
A victoria das “rossinejras” cimentouse na primeira metade onde superon aproveitar a verticalidade de Bárbara e Ainoa nos extremos, arroupadas por un mediocampo que non deixou de filtrar balóns as costas da zaga local.

Ainoa abriría o marcador xa aos 6 minutos, e pronto Bárbara facía o segundo. Noe dende a frontal facía o terceiro no ecuador da prmeir metade, e Bárbara completaría o seu triplete deixando un claro 0-5 antes do descanso. Pati e Antía facían os últimos goles nunha segunda sen interese.

A semana que vén chegan as líderes, as intratables xogadoras do Chispa (15 vitorias en 15 encontros, con só 5 goles en contra) ao Eleuterio Balayo.

2ª División, grupo 2, xornada 15

  • Resultado: Bergantiños - O Val (1-4)
  • Bergantiños: Jessi, Rabuñal, Eva (Seo, m.77), Martasa, Sabrina, Lore, Torrado, Tamy, Noe (Paula, m.75), Canosa e Isa.

A pesar do resultado tan amplio que reflexa o marcador, o Bergantiños tivo opcións ata o minuto 89, cando Isa fallou un man a man ca porterira visitante co 1-2 no marcador para as ferrolás. Cousas do fútbol, na seguinte xogada, novamente Noemi sentenciaba o partido con dous goles nos últimos minutos de xogo.

O partido comezaba coas xogadoras carballesas acorralarían ao Val no seu campo pero sen crear demasiado peligo sobre a portería de Ainhoa. Noemi, a xogadora mais desiquilibrante das visitantes, anotaba o 0-1 na primeira chegada á portería defendida por Jessi. Pouco despois Valeria aumentaba a distancia para as ferrolanas, pero Canosa volvía a meter ás xogadoras de Gueli no partido ao definir ben diante da porterira. Poucas ocasións ata o descanso e o resultado non se movería. Trala reanudación as visitantes sairon con máis forza e desmostrando porque están a pelexar polos postos altos da clasificación, pero diante atopáronse cun Bergantiños ben plantado defensivamente. Ata que a falta dun minuto chegaba esa ocasión para Isa que puido cambiar o partido.

Todas as novidades do FutFem

https://quepasanacosta.gal/o-futfem-costeiro-demostra-o-seu-potencial-cunha-ateigada-homenaxe-as-pioneiras-da-esteirana/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/xogadoras-e-arbitros-protagonistas-da-gala-de-estrea-do-album-da-costa/

Comentarios