Martes. 16.04.2024
El tiempo

Futfem: Nova semana con 4 vitorias

Mazaricos futfem
Imaxe do choque do Mazaricos CF
Futfem: Nova semana con 4 vitorias

Semana ideal para as nosas 4 representantes no Fútbol Feminino galego. No Gr.1 o Bergan vencía e se mantén a un só punto do liderato, empatado co Narón e o Tordoia. Espera unha recta final fraticida.

No Gr.3, tanto Cee como As Miúdas sumaron os 3 puntos ante equipos asequibles (foi o primeiro derbi da ría de Muros e Noia que vencían as de Fran Figueroa), o que mantén ás ceenses preto da 2ª praza, e ás muradás mirando o cuarto posto.

Ademias, o Mazaricos, a pesar dos paróns, suma 5 vitorias seguidas tras vencer en Trazo, e se mantén nunha cómoda 7ª praza da Liga de F7 de Santiago.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 14

  • Resultado: Bamio - Cee (2-5)
  • Cee: Naira, Brión, Barreiro, Alba, Andrea, Canosa, Saray, María Lijó, Sharay, Uxía e Laura Garrote. Tamén: Minerva, Paula.
  • Goles: 1-0, m.8; 1-1, m.35: Canosa; 1-2, m.55: María Lijó; 1-3, m.60: Garrote; 2-3, m.63; 2-4, m.70: María Lijón; 2-5, m.91: Uxía.

Partido condicionado polas numerosas baixas, que provocaban algunhas imprecisións na fase inicial do ataque. Pouco a pouco as de Rafa foron collendo ritmo e tiveron un par de chegadas moi perigosas nos pés de Andrea, que non acertou a marcar. Quen si acertou foi o Bamio nun saque de esquina para poñer o 1-0. A partir de aí o Cee comezou a xerar ocasións e tiveron varias moi claras en mans a mans coa porteira puidendo marcar Uxía en dúas ocasións, Andrea en outras dúas e Canosa nun tiro que saca unha defensa rival debaixo dos paos. Conseguiu por fin Canosa o empate pasada a media e non chegou o segundo de milagre.

Na segunda metade continuou a superioridade visitante, xogando un pouco peor pero con maior acerto de cara a gol. Marcou o 1-2 Maria Lijó nunha boa combinación con Andrea e pouco despois Garrote recupera un balón pouco despois do medio campo, conduce 10 metros e logra o 1-3 nun tiro lonxano que parecía que sentenciaba o partido pero pouco despois recurtou distancias o Bamio nunha falta lonxana que non acertaron a despexar. Quixo virse arriba o equipo rival pero nunha boa contra Barreiro ponlle o balón ó espacio a Uxía que centra pasado, controla Minerva que lla pasa a Lijó para marcar de cabeza.

Pudo marcar Andrea no seu debut pero un bo tiro lonxano saiu fóra por pouco. Xa co templo cumplido, Uxía en xogada persoal vaise de dúas rivais, amaga o tiro diante da porteira, pisa o balón para regatear á porteira e entra co balón na portería.

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.3, XORNADA 14

  • Resultado: As Miúdas - Noia (6-3)
  • As Miúdas: Laura, Marcela, Paula, Martina, Antía, Leti, Gala, Pati, Marta, Ainoa e Eva. Tamén xogaron: Sabela, Iria, Ana, Adriana e Mariña.
  • Goles: 1-0, m.5: Ainoa; 2-0, m.8: Gala; 2-1, m.16; 2-2, m.30; 3-2, m.41: Martina un zapatazo dende casi a liña do centro do campo; 4-2, m.42: Pati; 5-2, m.44: Marce; 6-2, m.83: Antía; 6-3, m.88.

Imaxe dos Miudos ante o Noia

Día de derbi, desta volta o da Ría de Muros e Noia que tivo un claro dominador. O partido veu precedido dun sentido minuto de silencio na memoria do Pana, gran capitán do CF Lira finado nesta semana.

E pronto demostraron as locales o que estaba por vir, xa que, no primeiro minuto un balón en banda nos pes de Ainoa que se vai con facilidade da súa marca e define con acerto ante a saída da cancerbeira noiesa. Non tardoi Gala en facer o segundo, pero de contado sacudíronse as noiesas nunha contra, e recurtaban, Leti podería ampliar a vantaxe para as de Muros si acertara o rematar outro saque de curruncho ben botado por Gala, pero o testarazo vai por riba do marco. Á media hora empataban as visitantes entre as protestas do banco e grada local por un posible fóra de xogo.

Pero o efecto no cuadro da Costa da Morte foi máis que positivo, tras poucos minutos de dúbidas volveron tomar o dominio e posicionarse en campo rival. E nos últimos 5 minutos do primeiro acto finiquitaron, co acerto que lles viña faltando en partidos anteriores. Martína, Pati e Marce colocabn o 5-2 no marcador.

Na reanudación as visitantes intentaron dominar máis o balón, buscaban perigo nos pés dunha Sara que destacou sobre o resto mostrando a súa calidade, pero non topou fisuras nunha defensa local que apenas concedeu espacios e achicaba con contundencia.
O balón non tiña un claro dominador, pero as mellores ocasións seguían sendo para as Miúdas, Pati tivo varias dentro da area chegando antes que Diana. Gala fixo resoar o longueiro de Diana e o colexiado anulou o gol de Ainoa por un suposto fóra de xogo. Antía, que fallara unha pena máxima, resarciuse cunha falta para deixar pasar os minutos no treito final.  

2ª DIVISIÓN FEMININA, GR.1, XORNADA 17

  • Resultado: Bergantiños - Racing Ferrol (2-0)
  • Goles: 1-0, m.16: Yaiza; 2-0, m.65: Noe Vimi.
O Bergantiños non cede en casa. Nun choque con gran ambiente, foi superiro de principio a fin ante todo un Racing, pero a falta de puntería impediu unha goleada máis ampla.

 

Comezaba o partido e non transcorrían máis dun minuto, cando nun pase en profundidade de Yaiza, Isa pintábase soa ante a meta rival e esta con unha gran intervención desbarataba a clara oportunidade. Dominaba o Bergantiños e mostra diso é que Lara non realizou ningún parada nos primeiros 45 minutos.

Xogábase en campo rival e tras varias ocasións erradas tras senllas xogadas de bo toque e nas que Isa, Noe, Vimi e Ali, non eran quen de bater á porteira visitante. Tanto que si chegaría da man de Yaiza ao cuarto de hora, tras un gran control, realiza un gran golpeo e o balón cóase na escuadra rival. Desde o gol ata o descanso, dominio e ocasións dun Bergantiños superior.

Comezaba a segunda metade e durante os primeiros 15 minutos chegaban os mellores minutos do Racing de Ferrol que foi quen, a base de fútbol combinativo, de meter no seu campo ao Bergantiños e sacudirse o asedio local, pero sen chegar a poñer en aprietos a Lara.
Pasado o minuto 20 da segunda parte o Bergantiños espertou de novo e volveu dominar a posesión e xogar en campo rival, e chegaba despois de que Vimi cun forte disparo raso e pegado ao pau batía á porteira rival e subía o definitivo 2-0 ao electrónico.

Desde o gol ata o final pouco máis sucedeu, un Bergantiños que seguía coa posesión e con algúna ocasión pero sen materializar.

 

Liga F7 Santiago, xornada 16

  • Resultado: Trazo - Mazaricos (0-2)

Chegaba o Mazaricos con moitas baixas como Lía, María Senra ou Yas. E comezaban moi replegadas, buscando as contraso partido moi replegados e saindo as contras con pouco perigo sobre a porteria local. Dominou o trazo a primeira parte e as ocasion tiveronas as locales . Nunha xogada de contra unha xogada entre iza e daniela marca esta ultima con un tiro cruzado. Na segunda seguimos bastante solidas en defensa e a partir do minuto 10 da segunda parte demos un paso adiante para facernos co balon en campo contrario. Presionamos moi ben e nun corner chegaria o segundo e seria Katia quen marcaria de cabeza. O partido chegou o fin sen moito mais.

Novas do FutFem

Crónicas da temporada Futfem

Comentarios