Venres. 19.04.2024
El tiempo

FutFem: Prantando cara ao líder, ascendendo posicións e… preparando a #CopadaCosta Feminina

FutFem: Prantando cara ao líder, ascendendo posicións e… preparando a #CopadaCosta Feminina

Días felices para o fútbol feminino da Costa. Sobre todo porque a RFGF confirmaba onte en Baio a creación da primeira Copa da Costa Feminina. Unha competición, xa artellada de xeito extraoficial pola familia da Vidú, pero agora a Federación institucionaliza, e que se celebrará o mesmo día da final da Copa masculina, en principio o 23 de xuño, pola mañá. Á boa nova non se lle uniron uns resultados ideais na fin de semana, pero non hai queixa. O Bergantiños de Gueli vencía e superaba ao Touro na clasificación, mentres As Miúdas de Fran e Fer prantaban cara ao intratable líder, un Chispa 16 vitorias en 16 encontros, que só leva 6 goles encaixados e 105 a favor, e que suou sangue para superar ás guerreiras muradás.

2ª División, grupo 3, xornada 16

  • Resultado: Os Miúdos - Chispa (1-3)
  • As Múdas: Yaiza, Paula, Martina, Laura, Isa, Antía, Noelia, Leti, Bárbara, Marta e Pati. Tamén xogaron: María de Pastora, Sandra, Gala, Iria e Lucía.

Miudas ante o Chispa-Foto-Chema Caamano As Miudas pelexaron cara a cara co invicto Chispa-Foto-Chema Caamaño O encontro comezou como cabía esperar co dominio do balón das arousanas, que circulaban con precisión na medular buscando ocos na defensa “rossinejra”, unha defensa que onte probou con Antía exercendo de “líbero” e dou un resultado destacado axudando en tódalas coberturas a unhas oficiosas Martina e Laura que non pararon de bregar e dando criterio ás salidas de balón para buscar perigo arriba. Malia o traballo das Miúdas, o dominio da posesión das visitantes atopou premio nunha bonita xogada colectiva polo carril central na que tras varias paredes moi precisas María Lago puxo o 0-1 no minuto 18. Tralo gol as visitantes tentaban zafarse da presión alta das de Muros, e o xogo disputouse en medio campo sin ocasións claras. Nos últimos 20 minutos da primeira parte as locales chegaron a dominar en campo rival entrando en velocidade polas bandas e cunha Pati que lle gañaba a partida as centrales na presión, pero as ocasións non chegaban a concretarse entre o bo facer da porteira e a falta de acerto das atacantes. E xusto antes do descanso, a pesares do dominio local, un rexeite do medio do campo cae nos pes de Carla Piñeiro que non perdona ante Yaiza, sacando petróleo no momento que máis sufría o seu equipo. Un mazazo enorme para as locales que viron como a súa insistencia se vía penalizada co 0-2 co que se chegaba ó descanso. No arranque non houbo un claro dominador, eso sí, as do Chispa souberon darlle a pausa que necesitaban e circulaban con máis criterio, pero as de Muros tiraban de xenio para que as visitantes non atoparan a claridade que as caracteriza. Pero superon demostrar o porqué van de primeiras e noutra xogada colectiva, desta volta por banda dereita puxo no minuto 55 un 0-3 que semellaba xa insalvable. Nada máis lonxe do que se veu. O gol espoleou ás locales, que sacaron o orgullo que levan para non virse abaixo e adiantaron liñas en busca do merecido gol. As ocasións máis numerosas eran para as de Muros, pero nunhas ocasións os paus, a máis clara nos pes de Noe que fixo soar o longueiro coma unha campana nun fermoso disparo dende a frontal, e despois Bárbara tamén toparía co travesaño tras unha boa parede con Sandra, non chegaba o premio. As de Cris ben posicionadas buscaban sair á contra e sentenciar, pero as Miúdas non deron tregua nunha última media hora de asedio en campo contrario. O gol da honra sería no minuto 88 para a pichichi local, Bárbara conseguiu o buscadísimo premio cunha definición perfecta tras zafarse en velocidade da súa marca. Varios córners con moito para as Miúdas tampouco atoparon os 3 paus, e antes do final as visitantes tamén verían coma o oau repelía un rexeite tras un córner co que o partido acabaría co 1-3 definitivo, premiando a efectividade dunhas líderes que atoparon un oso durísimo de roer nas Miúdas nun partido completísimo e entretenido de principio a fin. Laura Torrado Laura Torrado foi un motor no medio campo  

2ª División, grupo 2, xornada 16

  • Resultado: Touro - Bergantiños (2-4)
  • Bergantiños: Lara Sanchez (Isa, m.45), Rabuñal (Eva), Sabrina, Seo, Fra, Lore, Torrado, Mery, Canosa (Tania, m.86), Noe (Paula, m.80) e Tamy (Martasa, m.75).

Gran partido do Bergantiños feminino fóra da casa ante un gran rival. A solidez defensiva e o acerto de cara a gol, con 4 auténticos golazos, que tanto se votou en falta noutros partidos, foron determinantes para traer os tres puntos para Carballo. O partido empezaba cun Bergantiños marcando un ritmo moi alto, froito diso chegaba o primer gol de Mery no minuto 10, logo dunha boa internada de Canosa por banda dereita. As locais víanse desbordadas polo xogo das carballesas e, nin sequera Laura Mosquera, a máxima goleadora da categoría era quen de desestabilizar a defensa visitante. Fra facía o 0-2 de córner directo mediada a primeira parte, e Tamy erraba un penalti que podía sentenciar o partido antes do descanso. O Touro apenas se acercaría á meta defendida por Lara Sánchez. Na segunda parte as locais adiantaron filas en busca de anotar un gol que as metera no partido, pero a defensa carballesa estaba moi segura con Seo e Sabrina no centro da zaga. Noe no min. 60 anotaba o 0-3 ao mais puro estilo Coutinho. Con este resultado as xogadoras de Gueli baixarían a intensidade e o Touro aproveitaría para para recurtar distancias con un gol de Laura logo de transformar un penalti por mans de Mery e Rocío, a 15 min. para o final, cunha gran volea dende fora da área. A piques estiveron de empatar as locais pero Fra salvaría o gol xusto emcima da línea. Finalmente Mery, a máxima goleadora carballesa, anotaba o gol da tranquilidade no tempo de desconto.  

Todas as novidades do FutFem

https://quepasanacosta.gal/futfem-comezo-de-ano-dispar-para-os-dous-equipos-costeiros/ “O FútFem costeiro demostra o seu potencial cunha ateigada homenaxe ás Pioneiras da Esteirana” — Que pasa na costa

Comentarios