Martes. 19.03.2024
El tiempo

Gala: E os finalistas a Mellor Equipo, Mellor Adestrador e Mellor Xogador da Costa son…

nel copia 4
Os Nominados aos tres grandes premios da Gala do Fútbol da Costa. Arriba, os equipos de Fisterra, Esteirana e Muxía. Abaixo, de esquerda a dereita: Juan Porrúa, Geno, Diego Lobelos; Víctor Casais, Julián e Álex Rama.
Gala: E os finalistas a Mellor Equipo, Mellor Adestrador e Mellor Xogador da Costa son…

Xa temos todo listo para a VII Gala do Fútbol da Costa- QPC que se vai celebrar este venres 1 de xullo, a partir das 21:00h no Centro Cívico de Malpica. Xa coñecemos os 22 finalistas ao Mellor 11 do Fútbol da Costa; as finalistas aos premios do FUTFEM, ademais do Premio Abdoulaye ou o Histórico.

Pero faltaban por saber os Premios Gordos. Estes son os Nominados a Mellor Xogador, Mellor Adestrador e Mellor Equipo Masculino, os grandes premios escollidos polos máis de 90 persoas do noso fútbol costeiro a través do sistema de votación habitual.

Finalistas ao Premio Lonxa dÁlvaro ao Mellor Equipo

  • Fisterra.
  • Esteirana.
  • Muxía.

Finalistas ao Mellor Adestrador

  • Juan Porrúa (Fisterra)
  • Geno (Esteirana).
  • Diego Lobelos (Muxía).

Finalistas ao Premio ASFECO ao Mellor Xogador

  • Victor Casais (Fisterra).
  • Julián (Fisterra).
  • Álex Rama (Esteirana).
 

Gala 2022

Repaso das Galas

Comentarios