Sábado. 07.12.2019
El tiempo

Iyán e Jonathan analizan a tempada dos equipos costeiros na Preferente

Iyán (Xallas FC) e Jonathan (SD Sofán). Fotos. David Castro.
Iyán (Xallas FC) e Jonathan (SD Sofán). Fotos. David Castro.
Iyán e Jonathan analizan a tempada dos equipos costeiros na Preferente

A falta dunha xornada para a conclusión da tempada ligueira no Grupo 1 da Preferente, dende Que Pasa Na Costa quixemos falar con un membro de cada un dos dous equipos costeiros da categoría para que nos desen as súas impresións deste curso fútbolistico que está a piques de poñer o telón.

Para ilo, falamos con dúas voces autorizadas de sendos clubes como son Iyán Iván, coordinador do Xallas FC e preparador físico do primeiro equipo, e Jonathan Fraga, xogador da SD Sofán e adestrador do conxunto infantil.

Os protagonistas

Iyán Iván, preparador físico do Xallas FC

Iyán (Xallas FC)

  • QPC: Que valoración che merece a tempada que fixo o Xallas?

I.I.: Se algo caracterizou a nosa tempada foi a irregularidade en canto a resultados e rendimiento, se refiere. Non fomos capaces de manter unha dinámica de resultados positiva ao longo de varias xornadas e eso xerou moita incertidume nos xogadores e no corpo técnico.

Por outro lado, os cambios de adestrador que sufriu o plantel durante a tempada supuxeron un desgaste psicolóxico grande nos xogadores xa que tiveron que adaptarse a outras rutinas, modelos de xogos, sistemas, etc.

En términos xerais, penso que o Xallas FC no estivo á altura do que se lle pedía esta tempada e todos debemos de facer autocrítica: clube, adestrador, preparador físico (no meu caso) e xogadores.

  • QPC: Cres que a situación na que estades a estas alturas da tempada se axusta aos méritos feitos polo equipo?

I.I.: Baixo o meu punto de vista si. Se en xaneiro me dixeran que íamos chegar á última xornada con 46 puntos firmaría sen ningunha dúbida.

Obviamente, a situación de non depender de nós mesmos non é a ideal para afrontar a última xornada, pero creo que 49 puntos, si se consiguen, axústanse bastante ao que se fixo durante toda a tempada.

  • QPC: Como afrontades este último partido de liga o cal é de vital transcendencia para acadar a permanencia ante o Atlético Coruña Montañeros?

I.I.: Como unha final, sendo conscientes que o que pase no resto de partidos non valerá de nada se nós non somos capaces de gañar e sumar os tres puntos.

Sabemos do potencial ofensivo individual que ten o rival e desde o cambio de adestrador somos conscientes que é un equipo muy difícil de atacar.  O Atlético Coruña Montañeros foi capaz de modificar moitas facetas do seu xogo e estas últimas xornadas demostraron que posúe un bloque defensivo moi forte.

O domingo todos temos que dar o que queda nos 90 minutos e a partires de aí, podemos mirar resultados.

  • QPC: Como valorarías a tempada do Sofán, o outro equipo da Costa da Morte na Preferente?

I.I.: Se ben dixen que ao Xallas FC lle faltou esa regularidade ao longo da tempada, o Sofán demostrou que si a ten. Cando un equipo é capaz de plasmar o que quere no terreo de xogo e ten as ideas claras adoita obter bos resultados, e este foi o caso da tempada do Sofán.

A veces pensamos que desde o banquiño é suficiente con ordenar e dicir o que queremos, pero olvidámonos de convencer ao xogador da idea de xogo que temos. Un adestrador que non sexa capaz de convencer aos seus xogadores das cousas que fai non é un bo adestrador, e o Sofán neste caso si o conseguiu.

Penso que a única pega a súa tempada estivo na eliminación da Copa da Costa en primeira ronda, aínda que todos sabiamos da dificultade da eliminatoria que tiña por diante.

Jonathan Fraga, xogador da SD Sofán

Jonathan (SD Sofán)

  • QPC: Que valoración che merece a tempada que fixo o Sofán?

J.F.: Dende o meu punto de vista, un notable alto. Logrouse unha permanencia comóda e merecidamente. Seguramente, tamén nos beneficiou a moitos dos que pelexamos pola permanencia que houbese dous equipos xa sentenciados case dende o comezo da temada.

Non se pode estar satisteito de todo xa que non se logrou a fazaña da tempada pasada que era acadar a final da Copa da Costa e darlle a primeira copa da historia ao clube.

Pasamos de tres finais que conseguimos o ano pasado, a ningunha, e iso frusta pero ten que ser a motivación da tempada que vén para o clube.

  • QPC: Cres que a situación na que estades a estas alturas da tempada se axusta aos méritos feitos polo equipo?

J.F.: Penso que si. O que se intentou foi ser o máis regular posible durante todo o ano, e vese reflexado na clasificación. 

O obxectivo principal fíxose, que foi certificar para que a tempada que vén o Sofán esté onde o Sofán se merece, na Preferente.

  • QPC: Como afrontades este último partido de liga ante un Boimorto que ao igual que vós non se xoga nada?

J.F.: Pois da mellor forma posible e tratando de acadar unha vitoria para quedarse cun bo sabor de boca.

  • QPC: Como valorarías a tempada do Xallas, o outro equipo da Costa da Morte na Preferente?

J.F.:Algo sorprendido pola calidade da seu plantel. Pero ao final o que se valora é onde acaba o equipo e sorprendeu que vaian tan abaixo e sen opcións na Copa.

Dende aquí, quero aproveitar para agradecerlle ao Sofán a súa axuda e o seu apoio durante todo o ano. Seguro que virán máis tardes de felicidade e festexos, non me cabe nin a máis mínima dúbida.

Comentarios