Martes. 23.04.2024
El tiempo

A PREVIA ARBITRAL

Límite 48 horas

Malpica-Ponteceso
Imaxe do Malpica-Ponteceso desta pasada semana
Límite 48 horas

​Todos os colexiados da Subdelegación da Costa da Morte se quedan esta semana nas nosas fronteiras para atender unha fin de semana tremendamente especial e complicada, unha fin de semana na que todo pasará en apenas 48 horas, e ese “todo” será moito. 

Arrinca a Copa da Costa

Comeza a batalla pola “linda e desexada” Copa da Costa. O trofeo, que defende o Xallas, é pretendido por numerosos equipos que chegan a estas alturas en magníficas condicións: dende o Sofán (finalista o pasado ano, e que vén cos deberes feitos xa na Preferente) ao flamante campión da Liga da Costa, Mazaricos (que o ano pasado tivera que combinar a Copa coa fase de ascenso a Primeira), pasando por varios equipos de Primeira que, a pesar de que seguen en competición, chegan sen presión a este tramo final (como é o caso de Baio e Dumbría), ou outros equipos que remataron a competición ligueira nun estado envexable de forma (Cerqueda, Coristanco...) e que ben poderían dar sorpresas.

E a competición arrinca con partidos xa ben interesantes nesta primeira ronda, que se xoga a partido único e con trío arbitral en todos os campos, con partidos tanto o sábado como o domingo (xa que os equipos de Primeira e Preferente terán que afrontar o domingo os seus encontros ligueiros). 

O prato forte será, sen dúbida, o Baio-Sofán (sábado, 18.00 horas, Platas Reinoso, Bruno Méndez, David Vázquez e Esteban Domínguez), un duelo entre dous dos grandes favoritos, dos cales un, irremediablemente, quedará fóra xa ás primeiras de cambio. 

As Redondas será a capital do fútbol base costeiro...

O sábado, en xornada de mañá e tarde, decidirase no campo das Redondas que equipos se levan a Copa da Costa nas distintas categorías de fútbol oito. Oito equipos en categoría alevín, oito en categoría benxamín e catro en categoría prebenxamín pelexarán por levarse os trofeos nunha competición que dirixirán catro colexiados costeiros: Óscar Santos, Lucas Vicente, Manuel Espasandín e Sebastián Pérez.

Copa da Costa 2019 - Copa F8

... e O Carral e O Pinguel acollen as fases de ascenso

E na matinal do sábado disputaranse tamén as rondas previas das fases de ascenso ás ligas galegas nas distintas categorías (infantil, cadete e xuvenil). Os xuvenís xogarán na localidade da Laracha, mentres que en Sofán (Pablo Rama e Adrián Pérez) se disputarán os partidos da categoría infantil e en Ponteceso (Marcos Ordóñez e Bruno Méndez) se xogarán os da  categoría cadete, en todos os casos con representación de equipos da Costa da Morte.

E a Copa da Costa de veteranos para a mañá do domingo

Este domingo pola mañá dispútanse tamén os partidos de volta dos oitavos de final da Copa da Costa de veteranos, e tres campos vivirán duelos moi igualados, sen descartar sorpresas no resto.

O gran cruce desta primeira ronda quedou en empate na ida, polo que o San Lorenzo-Sporting Zas (10.30 horas, As Pedreiras, David Castreje) volverá concitar todas as miradas, sen esquecernos do outro duelo entre equipos de División de Honra que rematou en táboas no encontro de ida, o Coristanco-Corcoesto (10.00 horas, A Rocheira, Manuel Espasandín). Incógnita tamén no campo das Fontiñas para o duelo de vecindade entre Nantón e Cabana (10.30 horas, Daniel Martínez) despois de que os locais, colistas da competición ligueira, desen a sorpresa vencendo nas Redondas a pasada semana. 

--

Todas as designacións, categoría a categoría, competición a competición, como cada semana, en www.futgal.es.

Ademais, en www.futboldacosta.com tendes as competicións ligueiras e en www.copadacosta.com, as copa e as fases de ascenso.

Comentarios