Mércores. 24.04.2024
El tiempo

O Cee lévase a Copa infantil

O Cee lévase a Copa infantil
U.C. CEE - Joel, Antón, Isaac, Alex, Juan, Sergio, David, Julio, Alfredo, Rubén e Diego. Tamén xogaron Juan Manuel, Alex, Sergio Fidalgo, Mauro e Adrián. S.D. SOFÁN: Iván, Rubén, Mateo, Iván Fernández, Pablo, Dani Calvete, Manu Castro, Brais, Angel, David e Borja. Tamén xogaron Verdes, Alex Bello, Xoel, Yelco e Brais Bolón. GOLES: 1-0 13´Isaac   2-0 16´Diego   2-1 60´Dani Calvete  3-1 71´Alfredo de pti Gran partido o visto en Louro na final infantil ante uns 200 espectadores, cunha fenomenal organización do Monte Louro e en ambiente de total deportividade. O Cee, campión de liga, era o favorito e cumpriu os pronósticos, a pesar de que atopou un Sofán que xogou moi ben e puxo as cousas moi difíciles ós de Ruben, sobre todo basado na gran actuación do seu porteiro Iván Fraga. Dominou a Sd Sofán o balón ata o primeiro tanto. Unha falta ó borde da area clavouna o lateral Isaac cun trallazo impresionante. E un erro da defensa sofanista posibilitou o segundo tanto. Ata o descanso o Sofán tentou buscar a portería ceense pero sen éxito. Un gol de Dani Calvete á metade do segundo tempo dou ánimos os vermellos, que buscaron o empate, pero un penalti inocente por mans de Iván Fernández sentenciou o partido, que foi moi bonito e disputado nunha mañán de calor e bo fútbol.

Comentarios